3.- Conceptos básicos

3.- Conceptos básicos

Última actualización de en Javier Ivan Rico Freije

            Antes de adentrarme nesta análise creo que é convinte aclarar algúns conceptos, aportando a miña propia definición construída logo de cursar esta materia.

            Nun primeiro momento gustaríame facer alusión o concepto, o cal da nome a materia, de Tecnoloxía Educativa. Que se entende por Tecnoloxía Educativa? Cústame bastante definir este termo aínda que o tratamos amplamente durante varias clases nos últimos meses. Na primeira ou segunda clase (non o recordo con precisión), a profesora animounos a definir con as nosas propias palabras o que entendíamos nos por este concepto. A miña definición nos a recordo moi ben pero foi algo tan vago coma “aplicación da tecnoloxía a educación coa fin de mellorala”. Definición que coido que non está de todo errada pero loo de cursar a materia e do paso de varias clases quedáseme un pouco corta. Internet está cheo de definicións deste concepto, dende Wikipedia a un recóndito blog, puiden observar a existencia de numerosas definicións, definicións que varían segundo o momento no que se escribiron, segundo o contexto social, ou mesmo segundo as teorías das que se nutrían.

            Pois ben, tendo en conta todo o mencionado, coido que a miña definición de Tecnoloxía Educativa sería: A utilización de instrumentos, métodos, técnicas, medios e equipos creados pola tecnoloxía en procesos pedagóxicos, os cales, deben perseguir a fin de facilitar o proceso de ensinanza – aprendizaxe.

image

             O máis innovador a hora do desenvolvemento da materia que se nos aportou en Tecnoloxía Educativa, coido que foi a elaboración de un e-portafolios. Que é un e-portafolios? Na base é mais ou menos o mesmo que sería un portafolios normal, dos que levamos elaborando xa en varias materias durante o grado. A recollida de traballos, contidos, aportacións persoais, opinións... elaborados mediante o curso. Pero este novo portafolios ten unha peculiaridade que o fai diferente, e é que se basea nunha rede social en internet, o que permite unha interacción entre as publicacións e os membros que forman parte desa rede, facilitando enormemente o intercambio de información.

                                                    image