4.- Desenvolvemento da materia

4.- Desenvolvemento da materia

Última actualización de en Javier Ivan Rico Freije

            A materia, como todas as que levamos cursadas, divídese en dous tipos de clases. Por un lado as teóricas e por outro as interactivas, dous tipos de clases e de metodoloxía pero nas que se abordaban contidos moi parellos.

            Nas clases teóricas basicamente dedicabámonos a abordar conceptos tales como as novas alfabetizacións, a brecha dixital, Web 2.0, nativos dixitais... entre outros moitos, e tamén se nos ofrecían distintas definicións e enfoques de varios autores así como se nos alentaba a facer a nosa propia reflexión acerca dos contidos tratados. En numerosas ocasións tivemos que realizar traballos grupais ou individuais baseados na reflexión sobre estes conceptos.

Moitas das miñas entradas no blog trataron estes temas, como por exemplo:

Xeración Wikipedia , na cal falei sobre un tema que platexou a profesora sobre a coñecida páxina.

Resumo: A procura de información na Web unha entrada dedicada a resumir o tratado nun par de sesións de clase a cerca da procura da información.

E outras moitas que abordaban contidos tratados pola profesora e os compañeiros durante o desenvolvemento das clases teóricas como Personal Learning Environments (PLE) , Brecha Dixital , Massive Online Open Course , entre outros.

            Nas clases prácticas abordábanse estes mesmos contidos pero dende un punto de vista menos teórico e máis practico a través da utilización de ordenadores. Pódese dicir que poñiamos en practica o falado nas clases teóricas. Un exemplo disto foi o análise das WebQuest e do JClic, cos clases tivemos interactiva na clase, o que axudou a elaboración dun mellor xuízo pola nosa parte.

WebQuest e JClic , Vantaxes e inconvintes de JClic e WebQuest

Tamén cabe salientar a realización da curtametraxe, actividade que me gustou e da que aprendín moito.

Curtametraxe

                            image

 

            Nas primeiras sesións de clase a profesora presentounos o Grupo de Investigación Stellae. O cal está formado por un grupo de investigadores e investigadoras da educación que actualmente están a realizar proxectos enfocados ó estudo da incorporación das TIC en distintos niveis educativos, con especial interese na ensinanza universitaria. Tamén elaboran proxectos que buscan a creación de contextos de ensinanza e aprendizaxe mediados mediante as TIC e o análise do impacto das mesmas no desenvolvemento profesional, organizativo e curricular. O e-portafolios anteriormente mencionado baseouse nunha plataforma dixital creada por este grupo, a cal está patexada a modo de rede social.

                                                                  image

            Unha vez dentro desta plataforma gozabamos de un moi importante medio para a difusión e encontro de información. Principalmente, a actividade de intercambio e creación de coñecementos realizábase a través de blogs e os comentarios xerados a partir deles, pero dende a plataforma tamén se nos facilitou outra ferramenta que permitía o intercambio rápido de ideas ou pensamentos, esta ferramenta son os tweets. Este medio permite expoñer unha idea, opinión ou comentario en poucos caracteres de maneira rápida e fácil, eu, e coido que a gran maioría de compañeiros, xa estaba familiarizado con esta ferramenta posto que son usuario da rede social Twitter, a cal segue practicamente o mesmo sistema.

            Os blogs permitíannos subir entradas, entradas que versasen sobre temas tratados en clase, opinións ou experiencias propias, ou outra calquera información relativa a materia que nos chamase a atención. As veces o tema da entrada viña proposto pola propia profesora, pero a maioría de entradas viñan motivadas polos propios intereses do alumno. Poida que esta idea de crear o noso propio blog, nun principio descoloque un pouco posto que non estamos acostumados a está metodoloxía.

            No meu blog, máis que nada, considerei que o mellor sería subir entradas referentes o contido dado na materia, para de algún xeito aportar o que eu entendía sobre os temas tratados, buscar información sobre os mesmos, e deste xeito demostrar o meu interese.

                                                                        image