C.3 Toda decisión ten o seu porqué!!

O comezo deste segundo cuatrimestre do 3º curso de Pedagoxía trouxo consigo a realización da materia de Tecnoloxía Educativa. Esta materia penso que nos chamou bastante a atención debido a que a tecnoloxía hoxe en día é algo fundamental, que temos en todas partes e está presente de diversas formas. É algo que utilizamos inconscientemente, forma parte da nosa vida cotiá. 

Neste blog intentei reflexar o que traía consigo a TECNOLOXÍA EDUCATIVA. Nel fun reflexando como nos inflúe no noso percorrido e evolución persoal. Ao mesmo tempo tamén anotei os diversos métodos ou instrumentos cos cales nós, os estudantes, temos un apoio para o noso desenvolvemento académico, persoal e de aprendizaxe.

Os diversos instrumentos ou recursos que este blog nos ofrecía, subida de archivos, publicacións de blogs e tweets e a marcación de páxinas e enlaces de favoritos permitiron construír o noso percorrido nesta matería e que nos foi influenciando de maneira individual e como grupo. 

A través destos métodos, ademais de reflexar a influencia das tecnoloxías no noso día a día, fun analizando os diversos contidos dados na clase e aumentando os conceptos que tanto nas clases interactivas e expositivas se nos foron ofrecendo.

Finalmente, creo que a realización deste blog e o poder comentarnos e influenciarnos os uns dos outros enriqueceu o porqué da súa elaboración. Creo que foi unha metodoloxía moi acertada. 

image