3.1. Primeira Fase

3.1. Primeira Fase

Última actualización de en silvia

Nesta primeira fase tiña que dar resposta a diversos interrogantes: ¿Qué e un portafolios e como se realiza o mesmo? ¿Que información debo incluír nel?

Para responder a primeira pregunta é preciso ofrecer un definición acerca do que se entende por e-portafolios, así como a finalidade que ten a realización desta actividade. 

En primeiro lugar, o e-portafolios é un sistema dixital cunha selección de traballos do estudante que relata de maneira reflexiva o progreso e os logros conseguidos no proceso de ensinanza e aprendizaxe dun área específica, no meu caso da tecnoloxía educativa. (Barberá:2008). 

e-portafolios

Trataríase de reflexar no e-portafolios, a través da elaboración de entradas no blog así como da subida de imaxes e archivos, a evolución do aprendizaxe dunha materia concreta, da tecnoloxía educativa. 

Pero para iso, é preciso coñecer que se entende por tecnoloxía educativa, así como os contidos que engloba este concepto. O primeiro día de clase a docente propúxonos unha actividade qué consistía en escribir nun folio que entendíamos por TE. 

A miña resposta nesa primeira clase foi moi diferente á que daría hoxe, xa que naquel momento asociaba a tecnoloxía co manexo de determinados programas informáticos e usos que tiñan estes no ámbito da educación. 

Sen embargo, vimos que a TE engloba máis aspectos que os que eu mencionaba na definición. Por iso, despois de todo o proceso de aprendizaxe é preciso ofrecer un definición máis precisa da TE: 

A tecnoloxía educativa é o resultado das prácticas de diferentes concepcións e teorías educativa para a resolución dun amplio espectro de problemas e situacións referidos á ensinanza e ao aprendizaxe, apoiadas nas TICs. 

Enténdese por TE as ferramentas que se poñen a disposición do educador, coa finalidade de mellorar os procesos de ensino-aprendizaxe a través do logro dos obxectivos educativos e buscando a efectividade e significado do aprendizaxe. 

O seguinte esquema amosa unha representación gráfica sobre a tecnoloxía educativa. 

 

       Esquema tecnoloxía educativa

 

Despois de responder aos primeiros interrogantes, xa tiña unha idea máis precisa dos contidos que traballaríamos na materia ao longo do cuatrimestre. 

Sen embargo, aínda tiña dudas sobre que información publicar no blog, pero decidín comezar esta experiencia facendo alusión a un tema moi común, como é a falta de formación dos docentes no manexo das TICs. 

Falta de formación para manejar las TIC

Nesta primeira entrada do blog, comecei explicando dito problema en base á miña experiencia nos centros educativos e dunha pequena busca de información a través da rede. 

Adicción al móvil? 

Esta segunda entrada era pa reflexionar sobre unha situación que cada vez é máis frecuente, e que ten que ver cun uso excesivo das tecnoloxías. 

Brecha Digital: Nativos e inmigrantes digitales en los centros educativos

Nesta entrada xa comezaba a profundizar nos aspectos traballados na clase que me chamaban a atención, como foi o caso da brecha dixital que existe entre os nativos e os inmigrantes dixitais (alumno-profesor). 

Coa resposta a estes dous elementos, comezou a segunda fase do meu proceso de aprendizaxe.... ¿Gustaríavos coñecer como foi?