D-1. #postureoQueco

D-1. #postureoQueco

Última actualización de en Sergio Rodriguez Diaz

Eis o meu primeiro apartado deste cartafol dixital. Decidín chamalo #postureoQueco, xa que nesta sección é onde falarei daquelas entradas do blogue que parten máis da miña experiencia, e nas que falo máis dende min mesmo e dende como me influiu a tecnoloxía a nivel educativo ao longo da miña vida. Esta é pois o primeiro papel que interpretei, un papel no que me interpretei a min mesmo, maís a un "min mesmo" inmerso nesta materia. Un Queco interpretándose a si mesmo en clave de reflexión sobre Tecnoloxía Educativa. Para iso decidín construír unha serie de entradas, poderíase dicir "literarias", ligadas pola súa temática. A esa serie de entradas púxenlle o nome de "Proust e a bicicleta", en honor da miña primeira bicicleta e da amnámese que me produciu o feito de ter que reflexionar, durante un exercizo de clase, sobre os obxectos tecnolóxicos que máis me influíran a nivel educativo. Se cadra esta amnámese foi un tanto similar á do autor parisino de "Na procura do tempo perdido" e a súa famosa experiencia co té e o pastel, feito polo cal tamén decidín poñerlle á serie de relatos o seu nome. Dese xeito, ao longo de catro capítulos e un limiar, vin rememorando os meus diferentes recordos vitais con respecto á tecnoloxía e a súa relación coa miña educación.

 

A continuación disporei os capítulos elaborados:

 

Proust e a bicicleta: Limiar

Proust e a bicicleta: Capítulo Primeiro

Proust e a bicicleta: Capítulo Segundo

Proust e a bicicleta: Capítulo Terceiro

Proust e a bicicleta: capítulo cuarto.

 

Así, a través destes relatos da miña vida, tratei de reflexionar un pouco sobre o que foi a miña relación ao longo do tempo coa tecnoloxía, e como esta me cambiara a nivel educativo. Mais no proceso coido que conseguín aprender algo máis: decateime que canto menor é a "distancia cognitiva" entre quen indaga e aquelo que se indaga, mellores e máis profundos son os resultados. E que hai máis cerca de min, que eu mesmo? Dese xeito, a través de estes textos comprendín que a tecnoloxía non soamente é algo que nos nutre a nivel formativo ou técnico, senón tamén de xeito emocional, tal como describo no episodio da bicicleta. Comprendín tamén que a tecnoloxía non nos permitía soamente operativizar aquelo que deseñamos, elaborar facer... senón que tamén nos permite soñar, imaxinar, e ata incluso "facernos" a nós mesmos.