2. A PRIMAVERA.

2. A PRIMAVERA.

Última actualización de en Beatriz Lopez Muniz

Este segundo proceso do meu autoaprendizaxe denomineino primavera. Pero porqué? 

 En primavera el campo se llenó de flores de todos los colores,  el campo está precioso.

A primavera é a epoca na que nacen as flores, no sentido do portafolios nace o autocoñecemento, comeza un novo camiño, un camiño no cal as rosas adornan todo ao seu paso. comezo do camiño

Neste sentido, é importante dicir que deste camiño, eu fun a protagonista principal. Unha protagonista rodeada de tantas espinas como petalos que pouco a pouco foi superando eses medos levando a cabo a construcción do seu propio portafolios.

Unha das primeiras espinas coas que me tiven que enfrontar era a propia Tecnoloxía Educativa en sí. O termo de tecnoloxía non é nada novidoso, oxe en día debido a que somos nativos dixitais nacemos, desenvolvemonos e mesmo falecemos usando a tecnoloxía. Eu mesma como alumna de instituto cursei unha matería que levaba o nome de Tecnoloxía, máis o feito de unirlle un adxectivo con tanto significado como Educativo fixo que nun primeiro momento a matería me resultase completamente descoñecida. Neste sentido, cómpre dar unha pequena definición do que Tecnoloxía Educativa significa: 

Se entiende por tecnología educativa al acercamiento científico basado en la teoría de sistemas que proporciona al educador las herramientas de planificación y desarrollo, así como la tecnología, busca mejorar los procesos de enseñanza y de aprendizaje a través del logro de los objetivos educativos y buscando la efectividad y el significado del aprendizaje.

Unha vez definido que significa o concepto de Tecnoloxía Educativa cómpre analizar o meu camiño de aprendizaxe ao longo de todo o cuatrimestre. Neste sentido podo dicir que que diferencio dúas etapas claramente distinguidas, unha primeira etapa máis reflexiva na cal trataba temas do meu interese persoal pero sen levar a cabo unha construción teórica dos mesmos. Nesta etapa, definin o fio conductor de todo o meu e-portafolios, as redes socias tan importantes e marcadas na sociedade actual. Neste sentido considero que aquelas que máis importantes para mín foron: 

 Que é realmente o WhatsApp?

Ata que punto a nosa vida está escrita na rede?

En ambas entradas, o tema principal era a miña experiencia nas redes sociais. Considerome unha adicta a este tipo de plataformas, tan adicta que descoñecia a maior parte dos perigos que neles existen. O feito de realizar unha reflexión sobre os mesmos, as opinións do resto dos compañeiros fixeron que a miña visión sobre as mesmas non só cambiasen senón que foran máis amplas.

Desta etapa, considero preciso facer referencia a seguinte entrada:

Que significou para min a elaboración do video? Que aprendín?

Nesta tiven a oportunidade de traballar con dúas persoas, coñecer máis profundamente as nosas diferenzas no eido da tecnoloxía educativa tendo en conta o lugar de referencia. Foi un proceso moi productivo, no cal non só aprendín a usar programas de creación de videos senón a traballar en grupo, escoitar e respetar as ideas e opinións das miñas compañeiras sen as cales o proceso final non sería nin a metade do que foi.

Esta etapa, tamén poido dicir que foi ademáis de ser a máis reflexiva a  máis complicada. Foi sen dúbida a miña fase de conflicto posto que non sabía como comezar o meu traballo, non sabía como avanzar na primavera do meu e- portafolios. Non obstante, este descoñecemento non fixo que me rendera, ao contrario quedabame todo un mundo por coñecer.

.

O comezo da miña segunda etapa, considero que se establece unha vez dados os resultados da primeira avaliación. A partir de aquí as miñas entradas están relacionadas con temas máis teóricos e dados en clase. Neste sentido, cobra importancia a busqueda de información nas redes, tan importante para o noso desenvolvemento como futuros pedagogos, os cales nos temos que estar actualizando constantemente. Unha entrada que reflexa este tema é a seguintes:

Sabemos buscar información fiable na rede?

http://stellae.usc.es/red/file/view/33181/google-non-eres-nico

Por outra banda, tratouse o tema de inclusión das practicas educativas en aula, fomentadas polo proxecto abalar 2.0, encargado de potencias as TIC no contexto galego. Neste sentido cómpre mencionar as seguintes entradas

Experiencia sobre a integración da tecnoloxía na aula.

Análise entre Jclic e WebQuest

Finalmente, as miñas últimas entradas, estan en relación co propio proceso que levamos a cabo durante todo este período de tempo. Neste sentido reflexionei sobre o proceso de aprendizaxe metacognitivo xunto co uso das redes sociais, posto que ámbas cousas estivemos tratando durante todo cuatrimeste. Os alumnos levamos a cabo un proceso de creación de aprendizaxe significativo e metacognitivo mediante unha plataforma social que neste caso seria o Stellae.

A metacognición e as redes sociais.

En canto a miña última entrada, é unha reflexión persoal de todo o proceso, o que significou para min a elaboración do e-portafolios.

Conclusións finais da materia.

Non obstante, pese a que este percorrido ten un final, considero que é un final que vira precedido dun  CONTINUARA

posto que esto só foi un pequeno contacto coa tecnoloxía educativa. Como futuros profesionais da educación considero que aínda nos queda moito por aprender e moito máis nun ámbito que esta en continuo cambio e actualización.