B)INTRODUCCIÓN.Metamorfose

B)INTRODUCCIÓN.Metamorfose

Última actualización de en Laura Rial Bouzas

Dende o momento en que se me propuxo a realización dunha reflexión sobre o proceso de realización do e-portafolio, a metáfora que me pareceu máis axeitada empregar foi, e así vai a ser, o ciclo vital das bolboretas.

En primeiro lugar, gustaríame dicir que me sinto moi identificada con este animal en relación a miña actuación con respecto a materia, pois o seu crecemento caracterízase primeiramente por unha etapa pasiva que co paso do tempo da lugar a un estado activo, e que remata como todos ben sabemos con un fermoso animal completamente formado.

Primeiramente, cabe sinalar que a vida das bolboretas e moi curta nalgúns casos so chegan a vivir varios días ou semanas, cousa que dende o primeiro momento no que se me plantexou a execución de dita tarea tiven presente; concretamente 84 días para a formación total.

No momento en que se propuxo a elaboración do e-portafolio, a bolboreta aínda non podía ser entendida como tal; ésta atópase nun estado ovo que abranguerá aproximadamente un par de semanas.

image

Á bolboreta plantéxaselle un reto que ten que superar pero esta atópase insegura, desconcertada e nela reina a incertidume e un certo medo. Ésta permanece aillada, soa, e encerrada sobre sí mesma; pero ao mesmo tempo está alerta, atenta e observa todos os movementos que se producen nas demais bolboretas que se atopan ao seu arredor.

Durante esta etapa vanse xerando unha serie de ideas e de pensamentos no animal, pero esta aínda non está totalmente preparado para sacálos a luz e compartilos cos demais.

Pasadas unhas tres semanas, o ovo da paso a oruga; esta será a fase activa e a máis longa dentro do proceso de formación. A oruga lánzase a buscar información, indagar, comparar, crear, reflexionar, a tomar decisións de forma activa, a empaparse de coñecementos, analizar, a descubrir aspectos novos, a observar a realidade dende distintos prismas; e o máis importante, a mostrarse abertamente ante as demais, e aprender delas e con elas.

image

Neste período é onde se pode observar un maior desenvolvemento e crecemento da bolboreta, cambios que teñen que ver principalmente coa nova forma de traballar e de enfrontarse a realidade; interaccionando, participando e en definitiva sabéndose e sentíndose parte dela.

Nese crecemento, o aspecto máis importante é o alimento. Sen dúbida esta bolboreta aliméntase grazas as produccións das compañeiras que están crecendo conxuntamente con ela; pero ao mesmo tempo comeza a tratar de buscar o sustento que precisa por sí mesma. Convértese nun animal adulto, independente e autónomo, dono de sí mesmo, do seu aprendizaxe, e constructor do seu propio camiño; determinando el mesmo os pasos que vai a dar e a dirección que van a seguir os mesmos.

Deste xeito, a bolboreta deixa de estar protexida en exceso tal e como sucedía na etapa anterior, xa non existe ninguén que lle diga o que ten que facer, e cando e como o ten que facer. A bolboreta ten que “buscarse as súas castañas”.

Pero cabe sinalar que, aínda dentro desta etapa, a bolboreta non se atopa axena a inestabilidade, pois durante este proceso tamén xorden en ela dúbidas e vacilacións. O seu número de produccións medra e traballa de xeito constante para logralo, pero a indecisión e os titubeos continúan a estar presentes nela. Froito disto, nesta fase prodúcense unha serie de mudas. O contacto coa realidade e a experiencia, fai que o animal cambie a liña das súas produccións pasando de tratar temas que xorden do seu propio interese persoal a centrarse en aspectos relacionados máis estreitamente coa materia que neste caso nos ocupa, Tecnoloxía Educativa.

Esta cuestión da lugar a terceira fase do crecemento, a crisálida.

image

E aquí onde a bolboreta volve a unha fase máis ou menos pasiva; onde realiza unha reflexión máis profunda, tratando de reorganizar o seu pensamento, para tratar de dar forma a todos os aprendizaxes que foi adquirindo. Ésta e a fase máis complexa de todas, onde non só esta, se non tamén as demais bolboretas demostran os aprendizaxes interiorizados e lle dan forma. E aquí onde se observan as maiores diferenzas entre elas, unhas teñen as ás máis curtas, outras máis longas, algunhas delas presentan cores vivos e cálidos, outras cores fríos e apagados; dependendo tamén de se pretenden destacar ante as demais, ou pasar desapercibidas tratando de camuflarse.

Nos últimos días de elaboración do e-portafolio prodúcese a cuarta e última fase do ciclo vital da bolboreta, o insecto perfecto.

image

E aquí onde comeza a vida propiamente dita do animal, froito da mochila de aprendizaxes que logrou crear ao longo de todo o proceso, a bolboreta está preparada para comezar a voar soa en busca de novos paraxes e ámbitos dos e nos que poder aprender. Nas vindeiras páxinas procederei a analizar os pasos que seguín ata acadar o voo final.