3. CONCLUSIONES. FIN DA PRIMAVERA.

3. CONCLUSIONES. FIN DA PRIMAVERA.

Última actualización de en Beatriz Lopez Muniz

Unha vez finalizado todo este proceso, podemos dicir que aquí remata a miña primavera, unha primavera cun conxunto de flores e espinas que foron conformando o meu coñecemento, ampliandoi e abrindome sen dúbida algunha unha nova visión da tecnoloxía, moi diferente da que eu tiña ata o momento. 

Foron moitos os coñecementos que aprendín da materia, os cales eran escasos nun primeiro momento.Sen dúbida o tema da búsqueda de información fiable en Internet xunto co establecemento do PLE, o coñecemento do perigo do uso das redes sociais de xeito desmesurado ou o establecemento do aprendizaxe metacognitivo son algún dos mesmos. 

Non obstante cómpre dicir que que os coñecementos de Tecnoloxía Educativa son moi amplos, tan amplos como flores de cores se rexistran neste campo polo que un coñecemento intensivo de todos eles é practicamente imposible; e máis se temos en conta que día a día estes van aumentando e actualizandose. coñecementos amplos.

É por iso que isto non é un final, senón un comezo. Todos nos subimos nun tren cun novo destino, o destino das novas Tecnoloxías Educativas. Un ferrocarril que ten hoxe a súa primeira parada pero sen dúbida queda un amplo percorrido ata chegar ao final do seu traxecto. 

baf53cfe927fb216762809c6938ddd149812c5d1.jpg