E-1. #postureotecnolóxico

E-1. #postureotecnolóxico

Última actualización de en Sergio Rodriguez Diaz

Esta apartado decidín nomealo "postureotecnolóxico", xa que nel vou tratar as entradas nas que fixen referencia a elementos relacionados coas tecnoloxías e a educación. Neste caso, coido que, volvendo á cita de Shakespeare e á miña reflexión ao respecto, coido que nesta ocasión non me interpretei ao cento por cento a min mesmo. Realmente algunhas destas entradas (básicamente as "obrigatorias"), as realicei con bastante desgana e non demasiado motivado. Porén, houbo outras que si asumín con moito interese, como foron as relativas ao proxecto de fotografía na escola,  a propiedade intelectual e internet ou a burocracia e a tecnoloxía na escola. A continuación porei os enlaces a estas entradas (tanto as que me interesaron como as que non).

 

A Aprendizaxe Cooperativa e as TIC

 

Buracracia e tecnoloxía na escola

 

As búsquedas na rede (sesións interactivas)

 

Proxecto Mentor: e educación a distancia na formación de persoas adultas

 

A fotografía na escola

 

A webquest: un exemplo de interese

 

MOOC e neoliberalismo

 

En conclusión, podo dicir que estas entradas me axudaron a reflexionar superficialmente sobre diversas cuestións referentes á tecnoloxía da educación. E digo superficialmente porque considero que realmente a totalidade das materias tratadas neste Grao, debido á súa duración, non dan máis que para reflexionar superficialmente sobre os temas tratados. Mais coido que iso non é tan malo como poida parecer nun principio, posto que realmente o feito de acadar un coñecemento superficial dun tema nos permite coñecer o mínimo como para comezar, se interesa, a profundizar nel. Realmente, a pesar de que esta materia non foi a que máis me gustou do mundo mundial, nin me pareceu chupiguai de la megamuerte, nin me cambiou a vida de pé a pá, nin nada polo estilo; si que penso que foi unha asignatura na que aprendín bastante, mais sobre todo foi unha materia que me fixo pensar e reparar en cousas nas que nunca reparara. E se cadra coido que foi esta última a cuestión, o aspecto de maior valor educativo de todos os que saquei en claro da maioría destes traballos.