D)FASES DO PROCESO:ovo,oruga e crisálida

D)FASES DO PROCESO:ovo,oruga e crisálida

Última actualización de en Laura Rial Bouzas

Ovo,primeira fase. As principais características son o desconcerto, inseguridade, fraxilidade, necesidade de protección e de apoio.

image

O ovo permanece estático, a espera, precisa coidados e atención persoal, pero non conta con eles, polo que se sente desprotexido e decide non actuar. Mostra ademais unha falta de confianza en sí mesmo, considera que o seu coñecemento ao respecto do tema que se quere tratar e moi reducido por non dicir nulo e decide adoptar un segundo plano, manténdose a expectativa do que vai suceder ao seu arredor.

image

Ábrenselle unha infinidade de camiños e de posibilidades pero non sabe cal de todos eles é o correcto, móstrase confundido e inquedo; non é consciente da potencialidade das ideas e pensamentos que posúe.

image

Isto maniféstase na súa imposibilidade de actuar, de producir coñecemento, pois non sabe moi ben como abordar a situación que se lle presenta.

Durante esta fase xorden moitas preguntas, pero mostrase un bloqueo intelectual, non se teñen claros os obxectivos que se pretenden conseguir e polo tanto a determinación dos pasos para logralos non e posible.

Oruga,segunda fase. Caracterízase fundamentalmente pola apertura do ovo perante os demais; froito da dinámica que se vai xerando no seu entorno. Pódese dicir que actúan unha serie de forzas grupais que producen un efecto motivador na oruga; xorden as ansias de indagar e buscar información e xerar coñecemento novidoso.

image    image

A oruga comeza a tomar decisións por sí mesma polo que é nesta fase cando emprende a iniciativa de comezar a crear.

Así xorden os primeiros blogs, e actividade na rede social. Cabe dicir, que neste primeiro momento as intervencións e produccións persoais son tímidas e a súa calidade non é tan boa como as que se producen ao final; pero a pesar disto, é nesta fase onde se lanzan a maior parte das preguntas ao aire, preguntas abertas que son froito de opinións e valoracións persoais.

Polo tanto pode dicirse que e nesta fase onde comezan a darse os primeiros pasos dentro do proceso de aprendizaxe, aínda que a dirección dos mesmos aínda non está ben definida. Dado que o coñecemento respecto a tecnoloxía educativa, que ten a oruga neste momento, e moi reducido, a súa labor restrínxese a tratar temas que forman parte da súa vida cotiá, da súa experiencia profesional e académica, introducindo tamén pinceladas (sen darse conta) de elementos ou persoas que forman parte do seu PLE; como é o caso da formación tecnolóxica do profesorado. Trátase en definitiva, dunha etapa na que a oruga comeza a soltarse, a abrirse, a deixar fluír a súa creatividade dándolle renda solta a espontaneidade e a liberdade de expresión, comezando a explorar no tema aínda que de maneira superficial e inxenua.

Crisálida,a terceira fase. Os seus elementos definitorios son basicamente, a reflexión, valoración, tratar de aportar sentido e coherencia aos contidos e aprendizaxes adquiridos, pensar e repensar a realidade, ver as distintas problemáticas dende diferentes puntos de vista; e o principal tratar de vislumbrar coñecemento novo.

Así como a anterior fase se caracterizaba fundamentalmente polo dinamismo e a actitude activa, nesta caso a oruga recóllese de novo sobre sí mesma e adopta de novo unha actitude pasiva. Isto é así posto que deixa de impregnarse dos ideais e aportacións das demais, e pasa a un estado de hibernación, no cal vai a proceder a tomar conciencia do proceso seguido ata o de agora, para desta forma poder elaborar o seu propio coñecemento persoal. Proba disto son as reflexións realizadas sobre o desenvolvemento da materia, e ao respecto dos factores que afectan negativamente á educación a través da rede.

image    image