4. Conclusión final

4. Conclusión final

Última actualización de en silvia

Luz ante unha inmensa escuridade

Esta imaxe representa o acceso ao coñecemento da tecnoloxía educativa. Despois de comezar por un proceso de escuridade, chegou a luz, a posibilidade de coñecer e establecer relacións sobre contidos que nun primeiro momento estaban dispersos. ¿Quen de nós imaxinaría que esta metodoloxía que tanto cuestionamos ao principio, nos permitiría alcanzar un coñecemento da TE tan profundo?

Sen duda, despois de todo o proceso, pode concluír dicindo que os coñecementos que adquirín a través desta metodoloxía son máis ricos que os que podería alcanzar a través dun exame, que unicamente valoraría aspectos superficiais, pero ditos contidos non terían a mesma riqueza nin serían tratados con tanta profundidade como fixemos no e-portafolios durante este cuatrimestre. 

Debido ao coñecemento que agora teño da TE, pode concluír dicindo que este método podería ser extensible a outras materias da carreira, nas cales se avaliaba unicamente o resultado, valorando os coñecementos que temos de forma superficial, con preguntas nas que so se avalía a nosa capacidade memorística, máis non a comprensión e reflxión sobre os contidos abordados. 

Unha vez feita esta reflexión sobre a metodoloxía utilizada, gustaríamos facer referencia ás seguintes cuestións. 

En primeiro lugar, dar as grazas á docente da materia por propornos unha metodoloxía diferente na materia de tecnoloxía educativa. De feito, considero que esta metodoloxía favoreceu o meu proceso de aprendizaxe, xa que en función dos temas abordados na aula, eu profundizaba fora da mesma sobre aqueles contidos que me interesaban, chegando a ter un gran coñecemento de diversos temas que antes coñecía so de maneira superficial. 

Aínda que iniciaba esta aventura indecisa e con moitos interrogantes por diante, o certo é que dende o comezo desta tarefa, tiven claras as dúas liñas de investigación sobre as que quería indagar e profundizar nas miñas entradas do blog. O primeiro tema era sobre a falta de formación dos docentes para xestionar os recursos tecnolóxicos presentes nos centros educativos, mentres que a segunda liña de investigación aludía aos riscos derivados un uso inadecuado das redes sociais. 

Estes dous temas foron nos que nun comezo centrín toda a miña atención. Sen embargo, a medida que íamos tocando outros puntos na clase, descubrín o meu interese por outros temas, como foi o caso das teorías de aprendizaje asociadas ao uso das TICs (Conductismo, cognitivismo, construtivismo, conectvismo), ao igual que o tema do e-learning. 

Sen embargo, aínda que houbo temas que non toquín en profundidade, considero que a través das entradas dos meus compañeiros podía completar a formación que me faltaba sobre un determinado contido e así completar o meu coñecemento sobre o mesmo, como ocorreu por exemplo cos MOOC. 

Por último, indicar que o coñecemento que agora teño da tecnoloxía educativa foi grazas ao traballo colaborativo cos meus compañeiros de clase, que sen duda gozan dun papel primordial no meu PLE. 

Para rematar, indicar que espero que esta aventura, este primeiro viaxe no que empregamos unha metodoloxía diferente, non fixera máis que comezar e poidamos no próximo curso seguir construindo xuntos coñecemento. 

                                                                                                        Continuará....