Sendeiro tecnolóxico

Sendeiro tecnolóxico

Última actualización de en arminda

Inicio do segundo cuadrimestre. Novas materias (combinando materias de 3º e de 4º), novos compañeiros, novos mestres...

Cando realicei a matrícula para este curso e vin que este ano tería Tecnoloxía Educativa o primeiro que pensei foi: "Xenial, co mal que se me dan a min este tipo de materias... a ver que sae de aquí!.

Cheguei o primeiro día a clase (cunha semana de retraso) e sentinme completamente perdida. O feito de perderme a primeira sesión, tanto expositiva como interactiva, dábame unha gran inseguridade, pois iso implicaba perderme tamén as primeiras explicacións, ou cando menos, perderme a aterrizaxe na materia.

Despois de falar con algunha compañeira e coa profesora, comecei a sentirme máis tranquila aínda que non por iso menos perdida, pois como xa dixen isto da tecnoloxía nunca foi o meu forte.

Por iso, decidín comezar a miña andaina por isto do Stellae botando unha ollada ás entradas xa realizadas polos compañeiros, polo menos para ver de qué podía falar no meu primeiro blog. Despois disto púxenme mans á obra para intentar facer o meu E-portafolios da mellor maneira que me fose posible.