F-1. #postureoMedios

F-1. #postureoMedios

Última actualización de en Sergio Rodriguez Diaz

Nestoutro apartado falarei das entradas nas que utilicei medios alternativos ao texto, en concreto medio sonoro e audivisual (podcast e curtametraxe). A nivel de postureo, penso que estas foron algunhas das entradas nas que se me permitiu máis ser "eu mesmo".  A continuación porei os enlaces ás entradas en cuestión.

 

404 Error: Humanity Not Found (Curtametraxe)

 

Podcast: "Ponte... nas Ondas!"

 

Podcast: PLE

 

A nivel metacognitivo, coido que este tipo de actividades me axudaron a desenvolver unha serie de aprendizaxes procedimentais moi interesantes, ademais de permitirme, tal como dicía anteriormente, ser "eu mesmo" e explorar dun xeito alternativo a miña creatividade. Así, fixen con estas actividades os meus primeiros "pinitos" no mundo do podcast, así como na "dirección" de curtametraxes. Isto último, o traballo relacionado coa curtramexe, coido que foi un dos máis proveitosos a nivel creativo, posto que me fixo exprimirme a cabeza na procura dunha estética e dun discurso narrativo e visual coherente con aquelo que quería transmitir. Realmente estou moi contento co resultado, máxime cando nun principio a miña motivación ao respecto non era demasiado grande. Ata o punto de ter pensado un traballo bastante mediocre. Afortunadamente "algúen" nos dixo "pienso que ustedes pueden hacerlo mejor...". E claro, ante tamaño desafío a cabeza non parou de dar voltas ata crear unha idea como a que finalmente saiu, a cal dadas as circunstancias creo que está bastante ben.

No relativo ao podcast, a idea ía dándome voltas dende facía tempo, mais cando se me suxeriu que debía utilizar máis medios nas entradas, a necesidade de levar a cabo esta idea fíxose máis acuciante. A pesar diso non a levei a cabo, a causa de ter estado durante todo o cuatrimestre pendente de mil e unha cousas, antes que da materia en cuestión. Nese sentido considero que establecín moitas veces de xeito erróneo a miña escala de prioridades. Mais a estas alturas xa non hai demasiada volta que darlle. O feito, feito está.