3.2. Segunda Fase

3.2. Segunda Fase

Última actualización de en silvia

Esta segunda fase comezou unha vez resoltas todas as dúbidas acerca da información que tiña que publicar e dende que enfoque abordar a mesma. 

Así pois, comezou unha nova fase que estivo caracterizada pola busca de información en diversas fontes, constrastando a mesma, e verificando que as fontes de onde obtiña a información fosen válidas. Ademais, nas entradas que subín ao blog durante esta fase, ían aparecendo reflexións propias sobre a información que presentaba, tratando de posicionarme e de ofrecer o meu punto de vista sobre a información que transmitía. 

Como dicía o elemento que caracterizou esta fase foi a reflexión: 

Elemento que caracterizou a segunda fase do meu aprendizaxe: a reflexión

Entre as etapas que desenvolvín durante esta segunda fase, destacan as seguintes: 

¿Qué aprendín mediante a realización do vídeo? 

Sen duda algunha, esta foi unha das mellores actividades realizadas na materia de tecnoloxía educativa. O interrogante ao que tiñamos que dar resposta no vídeo era de por sí complexo, e sobre o cal tivemos que reflexionar e buscar información en diversas fontes, ata chegar á conclusión final. 

O interrogante era: ¿Inflúe a tecnoloxía no qué aprendemos? 

Creo que a maioría de nós respondería a este interrogante cun SI, sobretodo despois de que nos mesmos puidemos comprobar mediante a nosa propia experiencia que isto foi así. A aprendizaxe resultou máis interesante ao buscar cada un de nos sobre os temas que nos interesaban, non limitándonos a nosa busca a tratar un contido determinado, como soe ocorrer nas demais materias cando nos plantexan un traballo. 

Polo tanto, foi un gran traballo, que tiven a sorte de realizar xunto coa miña compañeira Marina, e a pesar de que apenas sabíamos manexar o moviemaker, a base de "fuchicar" nas opcións de dito programa conseguimos un coñecemento avanzado do mesmo, e isto conseguímolo debido ao traballo en equipo e ao aprendizaxe realizado en base á improvisación e sobre a marcha, sendo pois, un aprendizaxe autónomo. 

Déixovos o vídeo para poidades votarlle un ollo: 

¿Qué información trasnmitimos aos demais a través das imaxes que publicamos nas redes sociais?

Dende que comezamos esta experiencia, quixen abordar o tema das redes sociais, xa que un tema que me interesa especialmente. Pois ben, decidín enfocar a miña busca de información en función dun tema que tratamos na clase e me chamou a atención: "A información que colgamos nas redes sociais continuará circulando pola rede, aínda que borremos o noso perfil de todas as redes sociais". 

Ao coñecer isto, decidín indagar un pouco máis e ver que ocorre coas imaxes que colgamos no Facebook. E levinme unha gran sorpresa, xa que as imaxes transmitín un gran cantidade de datos que eu descoñecía por completa. 

Isto é importante, xa que moitas veces non somos conscientes do perigo que conleva publicar certa información na rede ou subir imaxes que para nós e máis cotidiano do mundo, pero que conleva uns riscos asociados.

Ademais, unha asociación que non fixera no seu momento era o de incidir sobre a importancia de informar aos aolescentes sobre a información que suben na rede, xa que en algunhas ocasións utilizase esta información para acosar aos estudantes. 

Cómo mellorar a nosa busca de información na rede

Como indicaba ao comezo desta fase, esta consistía nun busca eficaz na rede, e para iso era preciso coñecer os distintos buscadores que existen, pero tamén facendo referencia aos metabuscadores e multibuscadores, dos cales eu descoñecía a súa existencia. 

Coñecer os elementos que nos indican que a información que hai na rede é verírica ou non é de gran importancia, xa que moitas veces collemos información sen prestar atención a quen escribiu dita información ou algún detalle acerca do autor, xa que como todos sabemos, hai unha gran cantidade de información circulando pola rede, e non toda a información é válida. 

Evolución da web 1.0 á web 3.0

A última entrada pertencente a esta etapa do meu aprendizaxe e a da referencia á evolución do web, ata chegar á web 3.0 ou web semántica, a cal aínda está en proceso de existir no futuro. 

Como vemos a tecnoloxía avanza a un gran ritmo, e no momento en que pestanexamos perdémonos máis cousas das que cremos. 

E tan so queda por descubrir a última fase do meu proceso de aprendizaxe...