E)CONCLUSIÓN.Fin ou comezo da aprendizaxe?O primeiro voo

Aire,vento, todo un horizonte por percorrer, como única equipaxe todos aqueles coñecementos, habilidades e actitudes que foi labrando ao longo de máis de 80 días.

A bolboreta sae do seu aillamento, como froito dese proceso de reflexión e construcción de coñecemento propio xorde un animal totalmente diferente ao que era nun principio. Un animal maxestuoso cheo de esperanza no futuro e de ilusión, desexoso de aplicar todo aquilo que aprendeu, de compartilo con outras bolboretas que aínda están por formar, bolboretas as que lles faltan as ás, bolboretas que se senten soas ou incomprendidas, bolboretas sen recursos; quen sabe?.

A bolboreta xa pode voar por si soa, aínda que vai a seguir precisando das demais para poder izar o seu voo, e é ben consciente delo. Agora é unha bolboreta que se mostra firme, sen medos nin inseguridades, non teme a crítica e é quen de expresarse con liberdade.

É unha bolboreta decidida e coas expectativas postas en descubrir novas realidades nas que poder recrearse e aprender.

A bolboreta recoñece que o camiño que tivo que seguir para chegar a converterse no que agora é, non foi nin moito menos doado, e a pesar de non chegar a acadar todos aqueles obxectivos que se propuxo dende un principio; séntese orgullosa do realizado e disposta a tratar de melloralo día a día.

A bolboreta e sabedora, de que a pesar que a súa vida é curta, “o tempo e ouro” e non vai a baixar a garda nin un minuto continuará formándose, indagando, e perfeccionando o seu voo; a pesar dos obstáculos e impedimentos que se lle presenten no camiño.

Con todo isto, quero dicir que a bolboreta non permanecerá pasiva ante a realidade na que se atopa, a equipaxe que leva enriba das súas ás, permítille agora sacar o lado positivo e negativo do que se lle presenta; comprende que xa nada e branco ou negro; se non que o que predomina e o gris. A formación e experiencia adquirida, vaille a permitir ser autónoma, independente, observadora, constante, espontánea, inqueda, analítica e decidida; pero sen as demais bolboretas, esta bolboreta que son eu, non sería nada. Por isto, non me gustaría rematar esta reflexión sen facer mención a tódalas bolboretas que forman parte do meu PLE, desexándolle a estas así coma as outras moitas coas que compartín esta viaxe, que se atrevan a crear e a innovar.

 

 image

 

 

 

FELIZ VOO