Comezando o camiño

Comezando o camiño

Última actualización de en arminda

A primeira entrada que realicei na rede social, foi adicada ao concepto de obsolecencia programada, e este foi o resultado:

obsolescencia programada

Desde logo, está claro que é moi frecuente que cada vez nos duren menos e isto nos faga ter que adquirir outros que seguramente nos sirvan durante un periodo curto de tempo. Entramos así nunha espiral de comprar, tirar, comprar, tirar e así sucesivamente.

Despois desta entrada, non moi reflexiva a verdade, decidín facer unha reflexión sobre o emprego das redes sociais no proceso de aprendizaxe, entrada que por certo considero interesante tendo en conta que nesta materia estamaos continuamente a traballar nunha rede social.

¿inflúen as redes sociais no proceso de aprendizaxe?

Desde hai uns anos, as redes sociais ocupan un lugar importante no noso día a día, pois todos formamos parte de algunha delas e participamos activamente nas mesmas. O seu uso permítenos estar continuamente conectados e manter o contacto con persoas independentemente de onde estean, eliminando así as barreiras espazo-temporais.

Se ven é certo que as redes sociais soen empregarse máis no noso tempo libre, tamén pode dárselle un uso axeitado no propio horario lectivo, xa que "converten" ao propio estudante en suxeito activo do seu propio proceso de aprendizaxe, permitíndolle compartir dúbidas co seu grupo de iguais e con outros estudantes doutros lugares do mundo ao tempo que adquire novos coñecementos nunha maneira diferente á que estamos acostumados, aínda que tamén é certo que esta maneira de aprender ten tantos defensores coma detractores.

E a vos, ¿que vos parece?¿As redes sociais axudan ao proceso de aprendizaxe ou pola contra distraen e consegue o efecto contrario?

http://www.educaweb.com/noticia/2011/01/31/redes-sociales-educacion-innovacion-didactica-4583/

Tras varios días, incluso semanas sin incorporar nada novo ao portafolio, chegou a hora de realizar un video no que quedase reflexado o modo no que a tecnoloxía nos influiu á hora de aprender, non só a nivel escolar senón a todos os niveis. Unha vez realizado o video elaborei unha reflexión sobre o mesmo.

reflexión sobre o video realizado

Despois de realizar o vídeo sobre a influencia das novas tecnoloxías na nosa maneira de aprender, cabe realizar unha reflexión sobre o mesmo e as aprendizaxes adquiridas durante a súa realización.

Cando se nos propuxo esta actividade, teño que recoñecer que sentín certa inquedanza, pois non tiña realizado nunca unha actividade similar polo que era unha especie de medo cara o descoñecido. Logo que seleccionar as imaxes e realizar fotos que consideramos interesantes para incluír no video, chegou o momento da montaxe, para a cal, a miña compañeira Laura Puga e eu, contamos coa axuda dun amigo que nos explicou o funcionamento do programa que tiñamos que empregar. Se ben é certo que nun primeiro momento eramos un pouco "torpes" e custábamos facer algo medianamente vistoso e atractivo, pouco a pouco fomos collendo soltura e probando a incluír cousas novas ata chegar ao resultado final, que ainda que seguramente sexa mellorable, estou orgullosa de ter conseguido realizalo sen ter coñecementos anteriores de cómo facelo.

Durante o proceso de realización do video, deime conta da cantidade de avances que se produciron en pouco tempo a nivel tecnolóxico, e da gran influencia que teñen en todos os ámbitos da nosa vida ainda que ás veces non caemos na conta de ata qué punto nos vemos condicionados polas novas tecnoloxías.

 Pasamos de xogar na rúa e nos parques cos amigos ó escondite, a pillar e cousas similares, a xogar na casa, coa consola ou co ordenador. Pasamos de falar cara a cara a empregar o whatsapp, line, messenger e todas as posibilidades que temos ó noso alcance. Elimínanse as barreiras espazo-temporais empregando as redes sociais que nos permiten comunicarnos con xente de todos os lugares do mundo independentemente da distancia física que nos separe. De ter ducias de películas, cds de música, dvds etc acumuladas na casa, agora podemos ter todo iso e liña sen necesidade nin sequera de ter que descargalo. O mesmo ocorre con todos os documentos cos que algunha vez cargamos e que agora podemos levar no pendrive ou xa nin sequera iso, podemos acceder a todos os nosos documentos empregando o dropbox. E non falamos xa de aparellos como lavadora, secadora, aspiradora, robots de cociña... que nos fan a vida máis sinxela e nos aforran moito traballo e sobre todo moito tempo.

Está claro, que as novas tecnoloxías supoñen un grandísimo avance que nos permite realizar cousas que non fai tantos anos eran impensables. Coma todas as cousas, teñen a súa parte positiva e a súa parte negativa, todo depende do uso que fagamos delas, pois como ben se dixo sempre, "os extremos nunca foros bos". 

Tras outro parón en canto a entradas realizadas, chegou a temida primeira valoración do portafolio, e tal como me agardaba, había moito que mellorar.