Despois dun tropezón, erguerse e seguir adiante

Despois dun tropezón, erguerse e seguir adiante

Última actualización de en arminda

Unha vez lida a mensaxa de Adriana, toca reflexionar e tentar salvar a materia no tempo que queda, aínda que non sexa moito, cando menos intentalo.

Unha das cousas que debía incorporar ao portafolio eran imaxes,polo que decidín buscar algunha imaxe significativa, que tivese relación coa tecnoloxía e podendo ser coa que eu me sentise identificada. E cál mellor que esta:

un día na casa

482881_307157169413868_1581875655_n.jpg

Unha imaxe cando menos significativa. 

Desde logo, con esta imaxe sí que me sinto identificada, non pode reflexar mellor a miña situación en determinados momentos.

Pero non todo ían ser imaxes, tamén debía de incorporar máis reflexións, pois ata o momento, case todas as entradas que tiña realizadas eran máis ben descriptivas, información prácticamente sen analizar. 

Un dos temas que me chamaban a atención era o uso das Tics nas aulas, pois analizando a miña experiencia persoal, o emprego das mesmas era prácticamente nulo, pode dicirse incluso que os recursos cos que contabamos na aula se empregaban practicamente como elementos de decoración. E de ahí xurdiu a seguinte entrada:

Integración das TICs nas aulas

 

Buscando información na rede sobre a integración das novas tecnoloxías nas aulas, atopei un estudo chamado "El impacto del proyecto de centros TIC desde la experiencia vivida por el alumnado".

Trátase dun estudo realizado por Julio Ruiz Palmero e José Sanchez Rodriguez. O estudo consiste na análise do imparcto provocado polo proxecto de centros TIC nos colexios e institutos de Andalucía e máis especialmente nos centros pertencentes á provincia de Málaga.

Elexin este estudo porque me parece moi interesante o feito de que fose elaborado baseándose na experiencia vivida polo alumnado, xa que na maioría dos casos difere moito do que realmente se pretende.

Despois de botarlle unha ollada ao texto, chámame a atención o feito de que a pesares de que a inclusión de ordenadores nas aulas fai que os alumnos se sintan máis motivados, non resulta máis sinxelo aprender, en contra das espectativas que tiñan nun primeiro momento. 

Vendo isto, síntome identificada cos resultados do estudo, pois na miña etapa como estudante de secundaria, o feito de poder ir á aula de informática e empregar os ordenadores para acceder a internet e buscar información sobre algún tema tratado na aula (sempre baixo a atenta mirada dun profesor), facía que sentise incluso máis interese polo tema en cuestión, pois empregando o ordenador, xa non só nos limitabamos a empregar os libros da biblioteca senón que podiamos botar man doutras fontes de información, daquela para min case descoñecidas. O problema viña cando me atopaba ante centos de referencias diferentes que trataban sobre os mesmo tema e non sabía cal empregar, e por suposto, tampouco me plantexaba se a información que tiña diante era fiable ou non.

Por iso, na miña opinión, considero que a inclusión das novas tecnoloxías nas aulas deben ir sempre acompañadas das explicacións pertinentes sobre os emprego das mesmas, pois de nada serve ter acceso á moita información se non sabemos seleccionar os portais e analizar dita información. Así mesmo, cobra gran importancia o papel do docente, que debe actualizar os seus coñecementos para poder facer fronte aos novos retos da educación.

Referencias:

http://www.sav.us.es/pixelbit/pixelbit/articulos/n29/n29art/art2906.htm


O cuadrimestre ía avanzando, as clases tamén, e eu vía que moitos compañeiros tiñan nos seus blogues infinidade de entradas, das cales eu non tiña nin a metade. Teño que confesar que nalgúns momentos sentín certa frustración, pois chegado o momento de escribir e atopábame sen ideas, sen de qué falar, pois moitas veces tentaba non mirar moito as entradas dos compañeiros para non ter a sensación de que lles estaba copiando o seu traballo.

Así que decidín buscar na rede artigos relacionados coa tecnoloxía, e que poidese incorporar no portafolio, ou cando menos extraer deles unha idea para poder escribir con máis frecuencia. Un dos artigos que atopei e que chamou a miña atención foi este:

 

As gafas intelixentes de Google

 

Google acaba de presentar a súas "gafas intelixentes". Trátase duns dispositivos que se conectan a internet a través de puntos de acceso wifi gratuitos ou por conexión inalámbrica con teléfonos móbiles. Con elas, poden realizarse infinidade de actividades, "ir de comprar", xogar, facer videos e fotos, compartir os videos na rede social Google Plus, recibir información meteorolóxica, consultar o correo electrónico... 

 

Facebook e Twitter pola súa parte xa presentaron aplicacións para estas innovadoras gafas, que permiten compartir fotos e incluso comentarios falados na cronoloxía do noso perfil.

 

image

 

 

 

Posiblemente, nun futuro acaben por substituír aos ordenadores que de tanta axuda nos serviron nos últimos anos.

 

Pero coma todo, estas gafas veñen tamén acompañadas de polémica, pois tamén se consideran que se poden empregar para atentar contra a intimidade e a privacidade das persoas.

 

Aquí vos deixo o enlace coa noticia:

 

http://www.eltiempo.com/tecnologia/legisladores-de-eeuu-preocupados-por-privacidad-en-gafas-de-google_12806251-4

Desde logo é incrible cómo avanza a tecnoloxía e con ela a sociedade en conxunto.

Chegando xa ao final do cuadrimestre, chegaron tamén os agobios, as entregas de traballos, as exposicións, os exames... polo tanto as xornadas maratonianas na biblioteca da facultade rematando traballos. Isto supuxo case que un novo "abandono" do portafolio.

De cando en cando, accedía ao Stellae para ver o que subiran os compañeiros, ou por qué non dicilo, para comprobar se eu era a única que tiña isto medio morto.

Seguindo a buscar na rede ideas para incorporar, decidín rescatar un dos temas tratados nunha das sesión expositivas, e do cal non falara antes.

Medios dixitais e medios analóxicos

Nunha das clases expositivas da materia falamos dos medios dixitais e analóxicos. A partir de ahí xorden varias preguntas; ¿por qué se ven mellor os DVD que os VHS?, ¿qué fai que o audio almacenado dun CD sexa de mellor calidade que o son dun LP? En boa medida, a respossta está no tipo de tecnoloxía coa que se almacena ou transmite a información, e pode ser analóxica ou dixital.

Nas tecnoloxías analóxicas, a onda que xera un son ou rexistra unha imaxe, transmite ou almacena en forma orixinal, é dicir,, coma unha onda, aínda que o medio sexa distinto. Por exemplo: as inda que transmite unha persoa falando son captadas por un micrófono, que á súa vez os dirixe cara a gravadora, amplificador ou transmisor respectivos en forma de onda eléctrica, por medio de algún tipo de cable. As onda almacenadas no videocasete por medio de partícula magnetizadas na superficie da cinta, transfórmanse en ondas eléctricas grazas ó cabezal reproductor, dirixíndose entón a amplificadores que proporcionan o audio e o video a un monitor.

Durante décadas, as sociedade empregou diversas tecnoloxías analóxicas que pouco a pouco evolucionaron ata límites que nin sequera se imaxinaban. Tal é o caso da televisión; primeiro de baixa calidade, imaxes en branco e negro con poucos cadros por segundo e magro audio, ata as transmisións a toda cor, son estéreo e vía satélite. 

Radio, cina, aparellos de medición, videocasetes e servicios telefónicos son só algúns exemplos das tecnoloxía analóxicas que floreceron no último século. En definitiva, os recursos analóxicos están formados por átomos.

Por outra banda, asociamos o dixital a representacións binarias de algo analóxico. O termo binarios responde a que os ordenadores empregan dous díxitos básicos para procesar a información: o 0 e o 1, os valores que pode adoptar un bit. Visto de maneira numérica, a conversión dunha onda analóxica a unha representación dixital implica asociar o más cercano posible unha serie de ceros e uns a un certo valor da onda.

Os medios dixitais teñen moitas vantaxas, por exemplo, requírese menos espazo de almacenamento xa que non se garda toda a información, senón o máis aproximado numéricamente á onda orixinal. Isto explica cómo é posible que nun medio tan pequeno coma un DVD poidan rexistrarse igual ou maior cantidade de tempo de video que nun VHS; outra vantaxa é que o dixital é menso susceptible a interferencias ou alteracións, aínda que non inmune ás mesmas, de ahí que o CD rexistre o audio de maneira moito máis fiel a un LP, donde as ondas almacenadas como surcos poden distorsionarse pola máis pequena partícula de pó. En materia de transmisións, como televisión ou radio, as tecnoloxías dixitais poseen unha calidade mellor de sinal e soportan condicións ambientais máis adversas.

Na sociedade da información, o dixital e o analóxico non se aíllan, senón que se complementan. Somos nós mesmos os encargados de identificar qué formato é o máis axeitado para comunicarnos cos demáis en cada momento para realizar diversas tarefas.

REFERENCIAS:

E para continuar, rescatar tamén outro dos termos tratados, que no seu momento me suscitou certo interese pero que por algunha razón non tiña escrito tampouco acerca del. Trátase do termo Edupunk, en torno ao cal decidín recoller información para realizar outra entrada.

Edupunk

Buscando ideas sobre algo do que falar no meu blog, atopeime co termo Edupunk. Cando o vin, chamoume a atención  xa que así de primeiras non se me ocorreu á qué podía referirse, polo que comecei a buscar información que me axudase a entendelo.

A confluencia da Internet,a tecnoloxía 2.0 e a cultura dixital está modificando radicalmente a educación, pero mentres as institucións tradicionais intentan, con maior ou menor éxito integrar tecnoloxías, unha parte da comunidade educativa explora novos camiños á marxe das institucións ó entender que non nos enfrontamos a un reto tecnolóxico, senon a un cambio cultural no que a tecnoloxía actúa como facilitador ó tempo que lles permite independizarse das estructuras organizativas convencionais (que en moitas ocasións actúan como barreiras para a colaboración). Este proceso leva xa anos en desenvolvemento silenciosos, pero cada vez, a fenda entre uns e outros é máis patente. Nos últimos meses, e de formas inesperada, o nacemento dun neoloxismo, "edupunk" pode ter dotado de identidade este proceso de cambio facéndoo máis visible e polo tanto empurrando un preciso debate dentro das comunidades educativas.

unha pantasma percorre as universidades mundiais, un espectro que ameaza con acabar cunhas institucións que parecían destinadas a sobrevivir a todo tipo de avatares mantendo por séculos a súa pertinencia intelectual. Esa pantasma existía xa desde fai tempo, pero agora ten nome e iso faino aúnda máis temible. O seu nome é EDUPUNK.

Edupunk é unha aproximación ás prácticas do ensino e da aprendizaxe baseada nunha actitude "Do it yourself". Pero aínda que o concepto está recén nado, indentifica unha serie de actitudes, comunidades e usos da tecnoloxía que son tan antigos coma a propia internet e que teñen vivido un extraordinario desenvolvemento nos últimos anos, en paralelo coa explosión da web 2.0. 

A tecnoloxía pode actuar como facilitadora pero só se existe unha comunidade traballando nunha determinada cultura esta tecnoloxía será de utilidade. A estratexia edupunk implica que son as persoas e a súas redes o centro do proceso de aprendizaxe e a base da innovación e non a tecnoloxía por sí mesma.

Persoalmente, considero que o feito de que sempre se nos pautasen unhas normas fixas, para case todas as actividades que levamos a cabo no noso día a día, facilitounos o acceso a uns bos resultados, pero non fomentou en nós autonomía educativa. Non nos deixaron ser seres autónomos senon que estivemos limitados ó simple cumprimento de ordes, normas e pautas. Este movemento é unha auténtica revolución en canto o que respecta ao alumno, a súa creatividade e a súa motivación por aprender. 

A continuación déixovos un link a través do que podedes acceder a un video sobre o concepto de Edupunk:

REFERENCIAS:
Entre mentras, fun incorporando tamén outras imaxes que me pareceron relevantes, simpáticas ou identificativas, pois cada unha delas ten algún elemento que dunha ou doutra maneira reflicte a sociedade e algunhas reaccións ante a tecnoloxía. Estas son as imaxes das que falo:

renovarse o morir

Se falla...

e por último, unha entrada sobre os uso dos videoxogos na terceira idade, entrada na que tamén introduzo outra imaxe que me resultou graciosa.

videoxogos na terceira idade