Chegada á fin do camiño (ou non)

Chegada á fin do camiño (ou non)

Última actualización de en arminda

Como ben dixen ao principio da páxina, a primeira vez que asistín a clase de Tecnoloxía Educativa, sentinme completamente perdida, tal vez incluso fóra de lugar, e isto creo que tamén pode verse reflexado, aínda que de maneira inconsciente nas miñas primeiras aportacións ao portafolio.

Despois de ver de novo as entradas realizadas, sobre todo as primeiras, decátome de que algunhas delas son moi frouxas, pois faltan nelas elementos importantes como a análise da información recollida e a reflexión sobre a mesma. Posteriormente, tentei mellorar certos aspectos das mesmas para intentar tamén salvar a asignatura despois de recibir a primeira valoración.

Persoalmente, considero que non dei todo o que podía no desenvolvemento do portafolio, non ten ningún sentido enganarse a unha mesma. Poida que en parte debido á miña pouca afinidade con este tipo de materias, que por outra parte recoñezo a necesidade de que estean máis presentes na nosa formación como futuros pedagogos/as.

A pesares do medo que me daba esta materia, e a pesares tamén de considerar que non a aprobeitei todo o que debía, creo que aprendín moito, sobre todo a poñerme retos e tentar cumprilos. Retos como crear o meu propio proceso de aprendizaxe, buscando información dunha maneira máis autónoma e non dependendo tanto das pautas ou das normas que debemos seguir en prácticamente todas as materias e que por outra banda é ao que nos teñen acostumados.

Considero que esta materia tivo unha duración moi curta en relación á importancia que ten, pois se houbese máis tempo poderiamos ter aprendido moito máis sobre a nosa propia maneira de contruír aprendizaxe, que teño que dicir que tras a sesión na que descubrimos a existencia de máis buscadores fóra de Google, vin moito máis clara a necesidade de cursar esta materia, que para min supuxo unha apertura de miras, quitar a venda dos ollos e ver a infinidade de posibilidades que desaprobeitamos cando nos poñemos diante dun ordenador e nos limitamos a consultar o correo ou o facebook (que non por iso deixa de ser importante).

Agora, cerrando o meu blogue, vexo que quizais precisaba máis sesións de clase para rematar de collerlle o gusto a isto do Stellae, pois cerro coa sensación dun traballo inacabado pero tamén coa mesma sensación de moito aprendido e moito máis por aprender.

Como suxerencia, considero que estaría ben o feito de que esta materia estivese incluída en cursos anteriores, pois de seguro nos tería servido de gran axuda para optimizar os nosos traballos académicos e por qué non, tamén os nosos apuntes e con iso indubidablemente os nosos resultados.

Con isto, dou por cerrada esta etapa, que de seguro non será a última nesta rede social da que me queda tanto por descubrir.