Fusión culinaria - Conceptos previos

Fusión culinaria - Conceptos previos

Última actualización de en Fernando Neira Gomez

Nun primeiro momento, no cal se me explicou como era o desenvolvemento da materia, a verdade e que non o comprendín moi ben, pois resultábame toda a materia innovadora, dado que se trataba dun proceso educativo totalmente diferente o que esta de certo xeito instaurado dentro da universidade.

Para a elaboración deste segundo E-Portafolios, xa contaba con certa experiencia e desenvolvemento dentro da rede social, feito que facilitou o meu manexo e destreza con esta nova ferramenta.

Para comezar, tivemos que falar de que supoñía para nos o asesoramento, que ideas tiñamos acerca do tema concreto no que mais tarde afondariamos dun xeito mais concreto.

Ao igual que os restauradores, estes nun primeiro momento, deben decidir o prato a cociñar, pero isto non e o mais difícil senón que con que condimentos e que guarnición van a acompañar dito prato, que técnica de cociñado van a empregar… para que o resultado final sexa todo un éxito e entre dentro das súas expectativas.
Para isto e necesario, que o cociñeiro teña unhas ideas claras e precisas de que vai a preparar e como se vai a levar o proceso no cal debe indagar acerca dos produtos necesarios, calidade, frescura… e tamén ser capaz de relacionar os diferentes coñecementos dos que dispón para aplicar a este novo prato e conseguir algo innovador e diferente, que non deixe pasar desapercibido a ningún comensal.

Ao igual que os restauradores, deben combinar os seus coñecementos a hora de pórse a cociñar e con isto chegar a innovación e a consecución de novos sabores, texturas, olores… nos nesta asignatura nun primeiro momento tivemos que facer unha valoración das ideas que tiñamos acerca do asesoramento, conceptos, coñecementos… que trataramos en outras materias e o que era mais complexo, relacionar as diversas materias que constitúen a nosa carreira universitaria coa materia de “Asesoramento curricular a centros e profesores”.

Esta e unha tarefa complexa e ardua, pois un debe relacionar e enlazar as diversas materias que estudou e establecer un punto de conexión entre todas elas, que leven a unha conceptualización clara e concisa a nosa verdadeira labor como psicopedagogos.

En canto as materias que consideraba que de xeito mais claro e explicito que interviron no tocante ao tema do asesoramento considero que foron ( a grandes rasgos ) a Orientación Profesional (do primeiro curtrimestre do 5º curso) : o longo desta materia tocamos diversos temas, pero no cal eu considero que esta mais relacionado foi co realización dun traballo , no cal se nos explicaron as diferenzas entre orientar e asesorar. Pois sen esta distinción non era posible levar a cabo unha tarefa correcta.

Modelos de Orientación ( materia anula de 4º curso ): considero esta materia como a que mais relacionada estivo co asesoramento, pois a través desta tratamos temas sobre o asesoramento curricular e centros de profesores, os equipos de asesoramento na procura dunha mellor calidade da ensinanza, a necesidade dunha boa relación e conexión entre o departamento de orientación e o profesorado… foron moitos os temas que tratamos pois tratábase dunha materia anual, e o contido da mesma era moi denso.

Por outra banda a Psicoloxía da Instrución, esta materia, dende o meu punto de vista tamén esta moi relacionado co asesoramento, pois considero que o tema principal sobre o se tratou foi concretamente o curriculum, tema que abarca con gran importancia o asesoramento así mesmo. Pero dun xeito mais concreto este tema foi tratado na asignatura de Deseño, desenvolvemento e innovación do curriculum. pois tratamos en profundidade todo o referente ao curriculum. Para min resultábame todo moi novidoso pois procedía da carreira de Educación Social, e nunca viramos nada relacionado co curriculum nin co asesoramento, xa que a nosa especialidade estaba inclinada cara o ámbito informal da educación.