1. Eleven áncoras!

1. Eleven áncoras!

Última actualización de en Nuria Couto

Rápido! Todos a bordo ou o barco marchará sen nós! 
Coma sempre chegabamos un pouco tarde, pero xa se sabe.... as presas das viaxes.

Hoxe daba comezo unha aventura que estou segura non imos a esquecer facilmente. Comezaba a nosa viaxe ao longo dos fiordos noruegos. Pero non só iso, pois tamén comezaba unha viaxe ao longo dos fiordos do Asesoramento.

A pesar das preguntas dos meus amigos e amigas, estaba segura de que esta viaxe ía ser clave para mellorar a miña formación, pois necesitaba aclarar as miñas ideas e tiña a sensación de que ao longo desta aventura o ía conseguir. 

- "Quén é ese home?" Preguntou un amigo.

- Pois é o capitán. Creo que vai dicir algo...

- "Eleven áncoras". Gritou o capitán.

Agora si que si!

Comeza a aventura! Partimos rumbo ao Asesoramento, e Noruega, claro!