1.2. Ideas previas e comezo do traballo.

1.2. Ideas previas e comezo do traballo.

Última actualización de en Nuria Couto

A verdade é que a miña evolución e toma de contacto con esta materia, foi ao principio, algo caótica. Creo que non cursar a materia de forma presencial, pois tiña unha distancia importante que mo impedía, foi clave á hora de desenvolver o meu traballo. Cando entraba na rede social é observaba a labor dos meus compañeiros e compañeiras, apreciaba que este tiña que ser un traballo constante e diario.

Tras moitas dúbidas e cuestións comecei a elaborar o meu perfil, o blog e as entradas que formarían parte deste e-portafolios. Recordo que establecera uns días á semana que ían a estar adicados á elaboración deste traballo. Pero pronto chegaron os exames e entrega de traballos a Noruega, polo que abandonei esta tarefa para dedicarme por completo ao meu estudo, o cal, ao ser en inglés, requiría un dobre esforzo, o cal deu os seus froitos.

 Cando volvín da miña aventura, puiden volver a retomar ao xa feito anteriormente e quizais pola nostalxia, decidín dar un xiro á idea previa que tiña para elaborar o e-portafolios. Agora tiña claro que o que quería era realizar “Un cruceiro polos Fiordos do Asesoramento.”

Dito así, parecía un mundo completamente novo. É foi verdade, pois a pesar de que poderiamos ter unhas ideas previas sobre o asesoramento e todo o que este trae consigo; pois durante o primeiro ano de carreira tamén tivemos materias que xiraban en torno a este tema; a realización deste traballo fixo que persoalmente descubrira moitas máis cousas, pois requiría dunha indagación completa e ao mesmo tempo libre dos contidos que cada un vía esenciais no seu traballo. Como non, establecer un fío condutor, de todo o elaborado, acompañado dunha boa metáfora, foi clave para saber organizar e darlle sentido a todo o esforzo realizado.