Navegación

No se han creado páginas aún

  • Páginas
  • Pablo
  • 2.2.- Definicións de portafolio e de portafolio electrónico

2.2.- Definicións de portafolio e de portafolio electrónico

Estas son algunhas das definicións de portafolio:

  • “Unha recompilación de evidencias (documentos diversos, viñetas, artigos, prensa, publicidade, programas, notas de campo, páxinas web, …) considerados de interese para ser gardados polos propios significados por eles construídos.” Montero (2002)
  • “Un portafolios didáctico é a historia documental estruturada dun conxunto (cuidadosamente seleccionado) de desempeños que recibiron preparación ou tutoría, e adoptan a forma de mostras de traballo dun estudante que só alcanzan realización pura na escritura reflexiva, a deliberación e a conversación.” (Shulman en Lyons, 1999: 18)
  • “Un portafolio é unha colección de evidencias que, non soamente resumen o traballo académico dun estudante, senón que explicitan procesos de aprendizaxe individual, describen procesos metacognitivos individuais e procesos socioafectivos grupais, presentan xuízos de avaliación acerca do desempeño integral, valoran o logro de obxectivos e o desenvolvemento de competencias e establecen metas futuras de desenvolvemento persoal e profesional” http://unlp-tea.wikispaces.com/El+concepto+de+portafolios+y+propositos
  • “Conxunto de documentos, imaxes, experiencias e produto que foron seleccionados e organizados coa idea de mostrar o percorrido, as competencias, coñecementos que unha persoa adquiriu nun tempo establecido. Pódese identificar e analizar o despeño do alumno sobre o logro de obxectivos de aprendizaxe, as estratexias de aprendizaxe, como tamén ofrece información sobre a actuación do docente, as estratexias de ensino que se aplicaron nun curso” http://unlp-tea.wikispaces.com/El+concepto+de+portafolios+y+propositos

A continuación presento as seguintes definicións de portafolio electrónico:

  • “Un portafolio electrónico é unha colección de artígos dixitais (ideas, probas, reflexións, comentarios, etc.) que se presentan como evidencias de aprendizaxe e/ou capacidade  dunha persoa.” (Sutherland y Powell,2007)
  • “O portafolio electrónico presenta as características do portafolio tradicional e de forma engadida todas as posibilidades dun documento flexible e susceptible de continuos cambios. Pode ademais estar almacenado nun soporte físico (CD, DVD, disquete,...) ou ben pode ser desenvolto en rede. (Prendes, 2007).