Navegación

No se han creado páginas aún

3.1.- Coñecementos previos sobre asesoramento

3.1.- Coñecementos previos sobre asesoramento

Última actualización de en Pablo

Para min o asesoramento pode definirse como a relación que se establece entre dúas persoas, ou un grupo de persoas, durante un período determinado de tempo, por tanto é un proceso, que implica compartir: coñecementos, ideas, inquedanzas, recursos,... de forma conxunta sobre unha temática determinada. Para isto é moi importante que as persoas teñan: unha boa actitude de cara ao traballo grupal, unha alta capacidade de empatía, saiban poñer en práctica a escoita activa, sexan capaces de entender a opinión do outro como unha crítica construtiva, de ser o caso, ou como unha boa idea a ter en conta,... Estos aspectos os considero básicos á hora de traballar en grupo, ou de asesorar e ser asesorado, e penso que todos eles son os grandes esquecidos do sistema educativo, que está demasiado centrado na ensinanza de contidos escolares, deixando de lado estes aspectos actitudinais nun segundo ou terceiro plano.