Navegación

No se han creado páginas aún

4.3.- Dimensións do asesoramento psicopedagóxico

4.3.- Dimensións do asesoramento psicopedagóxico

Última actualización de en Pablo

As diferentes dimensións que conforman o asesorameto psicopedagóxico, segundo Monereo e Solé (1996) son as seguintes:

  • O asesoramento psicopedagóxico concíbese como un medio ao servizo da individualización da ensinanza, un medio para ofrecer dende a institución escolar resposta educativa adecuada ás condicións e características dos seus destinatarios.

  • O asesoramento psicopedagóxico realízase nun contexto concreto, a institución educativa, isto supón a necesidade de elaborar e dispor de coñecemento psicopedagóxico específico sobre os aspectos nos que se realiza a intervención. O asesor psicopedagóxico interven na institución coa finalidade de procurar que o centro escolar logre potenciar ao máximo a capacidade de ensinar aos profesionais que o integran e a capacidade de aprender do alumnado ao que se dirixe a ensinanza, nun proceso que debería resultar emocionalmente gratificante para todos os implicados.