Navegación

No se han creado páginas aún

4.4.- Asesoramento curricular

4.4.- Asesoramento curricular

Última actualización de en Pablo

Seguindo a Moreno Olmedilla (2004:83): “A axuda e o apoio á reconstución do currículum realizado polos centros educativos. Todos os apoios, tanto internos como externos aos centros, que se dirixen á elaboración e posta en práctica de proxectos curriculares, estarían no ámbito do asesoramento curricular”.

Por tanto, no ámbito do asesoramento curricular, é necesario un coñecemento específico por parte do asesor/a, sobre aspectos curriculares (definicións de currículo, tipos de currículo, obxectivos, contidos, criterios avaliativos...) para poder levar a cabo un asesoramento óptimo para facer fronte as demandas que se soliciten sobre este aspecto. A concreción curricular se plasma en cada centro educativo, seguindo unhas pautas xerais marcadas pola administración educativa competente na materia, e é por isto que para poder asesorar adecuadamente, o/a asesor/a ten que formar parte da vida do centro educativo e ten que ter acceso aos procesos de ensino-aprendizaxe que se leven a cabo, dende unha perspectiva de traballo colaborativo (aspecto que definirei noutra entrada de blogue)

Ao fío deste aspecto, e despois de descubrir en diferentes cartafois unha práctica levada a cabo na clase presencial sobre o asesoramento curricular, pareceume interesante dar resposta as preguntas que se plantexaron nesa práctica. Estas cuestións son as seguintes:

  • Que actuacións observamos que definiriamos como asesoramento curricular?

    Todo o relacionado coas adaptacións curriculares non significativas e as significativas. O asesoramento sobre temáticas concretas do currículo ao profesorado. A facilitación de recursos: materiais, bibliográficos, musicais,... de cara ao profesorado. Colaboración na elaboración dos proxectos curriculares dos centros. Asesoramento as familias, tanto por parte do orientador/a como por parte dos titores/as. Asesorar sobre a forma de comunicarse co alumnado, coas familias, co profesorado... Búsqueda compartida de técnicas que melloren as habilidades sociais e o ámbito relacional dun centro.


  • Como poden asesorar sobre o currículum quen non son especialistas nun ámbito curricular?

    Penso que para poder asesorer sobre algo é necesario ter un coñecemento mínimo sobre ese aspecto concreto para poder levar a cabo o asesoramento. Este coñecemento pode estar ligado a propia formación (por exemplo os/as educadores/as sociais, que están a estudar psicopedagoxía non teñen na súa carreira un coñecemento do currículo tan amplo como os mestres/as de educación infantil ou primaria), ou tamén pode ser ligado á propia práctica educativa, as relacións establecidas entre profesionais da educación, ou a propia formación permanente.


  • Que saberes sobre o curriculum posúen os psicopedagogos na súa formación como tales e cales deberían poseer?

    Son varias as asignaturas que teñen que ver directamente con aspectos curriculares máis formais, como por exemplo a de “Deseño e desenvolvemento e inovación do currículum”, ou relacionadas con nenos e nenas con dificultades no desenvolvemento ou na aprendizaxe como “Intervención Psicopedagóxica nos trastornos do desenvolvemento” Dificultades de aprendizaxe e intervención psicopedagóxica” e “Educación especial”.

    Respecto a que deberían de saber os psicopedagógos durante a súa formación, pois boto en falla principalmente dous aspectos: estratexias de búsqueda de información e de actualización; e profundizar nas habilidades socias (empatía, escoita activa, traballo en equipo...). Estes dous aspectos son fundamentais, pois o/a asesor/a ten que ser un dos motores principais do centro, dende unha perspectiva proactiva, na que esté en constante colaboración co resto do profesorado (e resto de axentes), e facilitando recursos e estratexias para poñer en práctica no día a día de cara a mellora educativa no centro, que repercuta positivamente en toda a comunidade educativa, especialmente no alumnado.