1. a arte culinaria

1. a arte culinaria

Última actualización de en Fernando Neira Gomez

A arte culinaria é unha forma creativa de preparar os alimentos e depende moito da cultura, en termos de coñecementos respecto aos alimentos, a súa forma de preparalos, así como dos rituais sociais establecidos arredor da comida. Non hai que confundilo con gastronomía, que englobaría esta nun campo máis xeral dedicado a todo o relacionado coa cociña.
Existe unha arte culinaria característica en cada pobo, cultura e rexión. Hoxe en día co fenómeno da globalización, coa continua comunicación de millóns de persoas e a influencia dos medios de comunicación, así como do comercio conduciron a un maior coñecemento e aprecio das cociñas foráneas, e unha maior facilidade para acceder á súa preparación. Non obstante, unha gran maioría desas receitas e as súas variacións teñen as súas orixes nas cociñas tradicionais desenvolvidas ao longo de moito tempo, con rituais de preparación transmitidos ao longo de moitas xeracións.

arte culinaria