1.1 Introdución

Mediante á realización deste E-Portafolios, o que pretendo e dar unha estrutura e organización coherente a todas as entradas subidas dende un primeiro momento a Rede Social Stellae.

Para levar a cabo esta reestruturación de toda a información que recollín e traballei no referente ao ámbito do asesoramento, decidín seguir un fío condutor relacionado con unha época pasada da miña vida, época que de determinado xeito marcou un antes e un despois, no meu proceso educativo, esta a que me refiro, momento no cal eu cursei os estudos do ciclo superior de Restauración, por isto decidín centrarme no proceso de elaboración que debe seguir todo restaurador para a elaboración de calquera prato culinario.

Todo proceso de elaboración culinaria de calquer parto, ten uns pasos a seguir, pois son moitas as opción e os métodos a empregar para chegar ao resultado final de calquer delicia culinaria, mais non todos os cociñeiros seguen o mesmo proceso pero si teñen unha organización xenérica que facilita a labor a hora de comezar co proceso de elaboración. Do mesmo xeito, establecerei a orde xenérica deste E-Portafolios de forma que cada paso se corresponda con un determinado momento dese proceso culinario.