2.2 asesoramento ou orientación - A diferenza esta na condimento

Todo chef sabe que non e o mesmo o allo que o perexil, e que un bo condimento para un prato e esencial a hora de preparalo, por iso a hora de preparar un pescado ou unha carne os condimentos son moi diferentes pois atopamonos trabalando con duas materias primas moi diferentes en textura, color, sabor... e por isto que debemos diferencias e saber ben con que nos encontramos traballando.

 

 

CarnePescado.jpg

 

O mesmo ocorre cando falamos de asesoramento e orientacion pois son moitas as persoas que confunden estes dous conceptos e a súa diferenza e moi notable, por isto a continuación tento dar unhas pinceladas que aporten un pouco mais de claridade a esta diferenza existente.

A Orientación Educativa hoxe en día é recoñecida como unha disciplina científico-técnica pertencente ao campo das Ciencias Humanas e Sociais, cuxa finalidade é axudar e acompañar a todas as persoas, de forma continua e ao longo da vida, co obxectivo de potenciar a prevención e o desenvolvemento humano en todas as súas áreas. Este proceso de axuda está inserto e acontece de forma paralela á actividade educativa, a cal tamén se ocupa de estimular o desenvolvemento integral do individuo, posibilitando a súa participación activa, crítica e transformadora na sociedade. Seguindo a Rodríguez Espinar (1985), a intervención realízase mediante o deseño, execución e avaliación de programas dirixidos á produción dos cambios necesarios no alumno e nos contextos nos que participa co fin de lograr a súa plena autonomía.

Por outra banda teriamos o asesoramento do que se espera obter unha solución técnica dun experto, implica unha verdadeira actividade de colaboración entre asesora e asesorada para definir e solucionar problemas relacionados coa mellora do ensino e a calidade das aprendizaxes así como cos procesos e as relacións que as acompañan, tanto dentro coma fóra do centro. A nivel funcional, iso supón partir dun paradigma que combine elementos de corte didáctico, sociolóxico e tamén humanista e actuar dende un enfoque práctico-crítico ligado ao construtivismo de carácter social e inserido no currículo.

 

Dun xeito mais grafico:

 

asesoramento vs orientación.docx