Navegación

No se han creado páginas aún

5.2.- Concepto de orientación

5.2.- Concepto de orientación

Última actualización de en Pablo

Ao longo da historia foron moitos os autores que definiron o concepto de orientación: (Rodríguez Espinar e outros, 1993; Repetto e outros, 1994; Echeverría, 1993; Rodríguez Moreno, 1995; Alonso Tapia, 1995;... pero como non quero estender demasiado este aspecto, tan só vou deixar recollidas as seguintes definicións de orientación:

  • Bisquerra (1996:152) define a orientación psicopedagóxica como “un proceso de axuda continua a toda as persoas, e todos os seus aspectos, con obxecto de potenciar a prevención e o desenvolvemento humano ao longo de toda a vida. Esta axuda realízase mediante programas de intervención psicopedagóxica, baseados en principios científicos e folosóficos”

  • Según Vélaz de Medrano (1998:37-38) “a orientación educativa é un conxunto de coñecementos, metodoloxías e principios teóricos que fundamentan a planificación, deseño, aplicación e avaliación da intervención psicopedagóxica preventiva, comprensiva, sistémica e continuada que se dirixe ás persoas, as institucións e o contexto comunitario, co obxectivo de facilitar e promover o desenvolvemento integral dos suxeitos ao longo das distintas etapas da súa vida coa orientación educativa: fundamentos teóricos, modelos institucionais e novas perspectivas da implicación dos diferentes axentes educativos (orientadores/as, titores/as, profesores/as, familia) e sociais”

  • Boza e outros (2001:20) definen a orientación psicopedagóxica como “un proceso de axuda contiua e sistemática, dirixido a todas as persoas, en todos os seus aspectos, poñendo un énfase especial na prevención e o desenvolvemento (persoal, social e da carreira), que se realiza ao longo de toda a vida, coa implicación dos diferentes axentes educativos (titores/as, orientadores/as, profesores/as) e sociais (familia, profesionais e paraprofesionais)”

  • Martínez Clares, (2002: 24) concibe a orientación psicopedagóxica como “un proceso de acción contina, dinámico, integral e integrador, dirixido a todas as persoas, en todos os ámbitos, facetas e contextos ao longo de todo o seu ciclo vital, e con un carácter fundamentalmente social e educativo. Esta concepción parte dunha postura holística, comprensiva, ecolóxica, crítica e reflexiva. E enfatizamos que non debe só axudar, senón tamén mediar, interrelacionar, e facilitar distintos procesos de transformación e/ou cambio social”

Todas estas definicións recollen moi ben as tendencias actuais nacionais e internacionais no terreo da orientación. En todas elas reflíctense as seguintes consideracións comúns:

  • A orientación é unha ciencia de intervención que ten distintas fontes disciplinares.

  • Enténdese como un proceso que supón unha acción ou actuación continuada ao longo do tempo, en contraposición ao feito de intervir puntualmente nun momento determinado. Este proceso se desenvolve dentro e xunto do propio proceso educativo, profesional e vital do suxeito, e non como unha intervención aillada

  • A súa finalidade é o desenvolvemento persoal, social e profesional do individuo no seu contexto.

  • Predomina un módelo sistémico de intervención psicopedagóxica (intervención por programas comprensivos e integrados no curículo ou, no seu caso, no programa de desenvolvemento comunitario.

  • Os principios que predominan no proceso de orientación son os de: prevención, desenvolvemento e intervención social.

  • A orientación non é un traballo só do orientador/a, senón que implica a todos os axentes educativos e sociais.

  • A educación e a orientación son elementos dun mesmo proceso que teñen unha mesma finalidade: potenciar e fomentar o desenvolvemento intgral das persoas maduras, autónomas, responsables, libres e críticas en relación ao seu entorno ou medio.

Por último, e tendo en conta todas estas definicións e apreciacións, poderíase conceptualizar a orientación da seguinte forma: proceso de acción contínua e dinámica, que se produce ao longo do ciclo vital, integrado e integrador, no que se inclúen todos os aspectos e dimensións) dirixido a todas as persoas (non só aquelas que presentan algunha problemática específica) en todos os ámbitos, facetas e contextos ao longo de toda a vida, e con carácter fundamentalmente educativo e social, que se compromete co cambio e coa sociedade. Esta concepción orientadora parte dunha perspectiva holística (abarca distintas facetas do ser humano), comprensiva, ecolóxica (ten en conta o contexto e o medio no que se produce a acción), crítica (fomenta o cambio e a transformación) e reflexiva (parte da colaboración e cooperación).