Navegación

No se han creado páginas aún

  • Páginas
  • Pablo
  • 5.4.- Modelo organizativo da orientación en Galicia

5.4.- Modelo organizativo da orientación en Galicia

5.4.- Modelo organizativo da orientación en Galicia

Última actualización de en Pablo

Neste apartado do documental, presento de forma moi esquemática, o modelo organizativo da orientación na Comunidade Autónoma Galega pois considero moi importante que un asesor/a-orientador/a teña un coñecemento profundo do marco lexislativo de referencia. Así pois, esta Comunidade  está regulada por:

 

  • Decreto 374/1996, polo que se aproba o regulamento orgánico das escolas de Educación Infantil e Primaria.

  • Decreto 324/ 1996, polo que se aproba o regulamento orgánico dos institutos de Educación Secundaria.

Estes decretos van a recoller os órganos de goberno dos centros educativos correspondentes, así como os órganos de coordinación docente, dentro dos cales atopamos o Departamento de Orientación. Ademais, serán os encargados de regular a función titorial.

A composición dos Departamentos de Orientación, tal e como o recollen os mencionados decretos son:

- Nos Centros de Educación Infantil e Primaria: un/unha orientador/a, un/unha especialista de Pedagoxía Terapeútica, un/unha especialista de Audición e Linguaxe, os/as coordinadores/as de ciclo e o/a director/a dos centros adcritos (de ser o caso).

- Nos Institutos de Educación Secundaria: un/unha orientador/a, un/unha especialista de Pedagoxía Terapeútica, un/unha especialista de Audición e Linguaxe, un/unha titor/a do ámbito lingüístico- social, un/unha titor/a do ámbito científico- tecnolóxico.

  • Decreto 120/1998, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia; Orde do 24 de xullo de 1998 que completa o decreto.

Este decreto recolle unha definición do que se entende por orientación, que sería “un proceso que inclúe a toda a comunidade educativa e que comeza coa escolarización do/a neno/a e remata ao finalizar as ensinanzas universitarias”. Este proceso abarcaría a toda a poboación escolar, calquera que sexa o tipo de diversidade que presente. Así, tamén recolle que a función titorial será apoiada por un/unha orientador/a.

Os Departamentos de Orientación (servizo interno de orientación nos centros) poderanse crear nos:

- Institutos de Educación Secundaria.

-Centros de Educación Infantil e Primaria de máis de 12 unidades, e nos Centros Específicos de Educación de Adultos.

Nos Centros de Educación Infantil e Primaria que teñan menos de 12 unidades, o departamento de orientación será compartido entre varios centros.

 

As principais funcións que vai desenvolver un Departamento de Orientación son as seguintes:

- Valorar as necesidades educativas especiais dos/as alumnos/as.

- Desenvolver programas de intervención.

- Realizar avaliacións psicopedagóxicas.

- Facilitar á comunidade educativa os apoios necesarios.

Como servizos externos de orientación aos centros están os EOE (Equipos de Orientación Específicos), que estarán formados por aqueles profesionais que poidan dar a resposta máis axeitada ás necesidades de intervención externa ligadas a aspectos psicopedagóxicos específicos e mesmo familiares que teñen incidencia no ámbito educativo.

 

Este decreto complétase e actualízase xeralmente cada ano coa publicación dunha circular, de entre as últimas resaltar as seguintes:

 

  • Circular 8/2009, na que se regulan algunhas medidas de atención á diversidade para o alumnado da ESO en Galicia.

  • Circular 10/2010, na que se dictan instruccións para coordinar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación en Galicia.