Navegación

No se han creado páginas aún

6.1.- O común entre orientación e asesoramento

6.1.- O común entre orientación e asesoramento

Última actualización de en Pablo

Rodríguez Romero (1996) resalta o seguinte sobre ambos termos:

  • ORIENTACIÓN: a) a orientación traballa con suxeitos en desvantaxe, co/coa orientador/a (concepto de poder en sentido de influencia) e con dependencia; b) un tratamento un pouco paternalista/matenalista c) a orientación é unha práctica cunha personalidade bastante consolidada; d) hai diferenzas de estatus co profesorado.

  • ASESORAMENTO: “O asesoramento nace coa intención de diseminar as reformas, os cambios educativos. Xurdíu como axentes de cambio” Este mesmo autor especifica tamén que: "O asesoramento está máis comprometido con aspectos curriculares- e me refiro a aspectos que teñen que ver coa definición de propositos do centro, os estilos de ensinanza, o currículum oculto, as prácticas de avaliación, as reglas e os rituais das rutinas da aula e do centro- organizativos e de desenvolvemento profesional" (Rodríguez Romero. 1998:1829)

O seguinte cadro elaborado por Lourdes Montero resume esquematicamente as caraterísticas principais de cada termo:

 

ORIENTACIÓN

ASESORAMENTO

Orixe

Guidance, couseling

Suport, adviser

Práctica

Directa: con estudantes

Indirecta: con profesores ou outros membros da comunidade educativa

Poder

Asimetría

Horizontalidade, profesionais co mesmo estatus

Comunicación

Unidireccional

Bidireccionalidade

Meta

Resolución de problemas

Capacitación asesores/ asesorados 

 

En definitiva, baixo o meu punto de vista, e tendo en conta as definicións e as características de cada concepto, pódese dicir que o que principalmente teñen en común, asesoramento e orientación, é que comparten un mesmo camiño pois teñen como meta a axuda e o apoio ao sistema educativo.