Navegación

No se han creado páginas aún

  • Páginas
  • Pablo
  • 6.2.- Aspectos diferenciadores entre orientación e asesoramento

6.2.- Aspectos diferenciadores entre orientación e asesoramento

Referente as diferencias entre ambos, Rodríguez Romero (1996) establece unha diferencia básica entre os dous conceptos: “o asesoramento é un servizo indirecto que se centra no profesorado mentras que a orientación traballa cos estudantes que chegan derivados a través do profesor”

Así pois, a orientación é un proceso que inicia, polo xeral, o/a orientador/a, e se refire máis ao ámbito cognoscitivo nun ámbito grupal ou colectivo. O seu ámbito de actuación é fundamentalmente o vocacional. A orientación implica unha actuación directa, na que o orientador/a actúa con alumnos/as dende unha perspectiva asimétrica, pois existe unha diferencia de status.

O asesoramento é un proceso iniciado polo cliente (alumno/a, profesor/a, pai/nai...) e fai fincape no ámbito afectivo e persoal, podendo ser individualizado ou grupal. O seu ámbito de actuación e multidisciplinar pois foi extendido por diversos campos. O/a asesor/a traballa de igual a igual, dende un estilo horizontal no que cada un e unha achega os seus coñecementos ou habilidades.

Por útlimo, resaltar que tendo en conta todos estes aspectos, parece moi dificil dicir se unha das funcións do asesoramento é a orientación, ou ao revés, que dentro da orientación unha das funcións é o asesoramento. Hai autores que defenden ambas versións. Eu as situaría como aspectos paralelos que diverxen polo mesmo camiño, con aspectos comúns, e cunha diferencia baixo o meu punto de vista moi significativa, que o termo de orientación ten unha acción máis directa co alumnado e as súas familias, mentres que o asesoramento ten unha acción máis directa co profesorado e con outros axentes, tal e como di Rodríguez Romero, (1996): “o asesoramento escolar na actualidade está presente en diferente ámbitos, dende a inspección a innovación educativa, pasando pola formación permanente, a organización ou a orientación escolar”