Navegación

No se han creado páginas aún

7.2.- Conceptualización de centro educativo

7.2.- Conceptualización de centro educativo

Última actualización de en Pablo

O asesoramento no ámbito educativo desenvólvese na escola, que, no seu conxunto, forman parte dunha rede de organizacións educativas, que como di Isabel Solé I. (1994), as escolas , como outros sistemas e organizacións, posúen unha estrutura (órganos de goberno, de coordinación, organigrama…) que se axusta, ao menos formalmente, a aquilo que se atopa legalmente disposto,un funcionamento que, coas súas características (claridade, eficacia, participación…) elle propio, e unha cultura (tradición de traballo en equipo, finalidades compartidas en relación á intervención pedagóxica, etc.). Todo elo identifica como é o centro, que sabe e que sabe facer. Non hai unha escola igual a outras, e as diferenzas atinxen aos diversos aspectos identificados.

Por tanto, os centros educativos posúen unha serie de caracterísiticas ou aspectos comúns que Gairín (1993:83-92) define como:

  • Un conxunto de metas e obxectivos que persegue, ben sexa dun modo explícito ou tácito, e que normalmente a caracterizan dun modo particular, orientando, así mesmo, a actuación dos seus membros dentro dela. 
  • Unha estrutura vertical, baseada nunha distribución xerárquica do poder, a autoridade e as responsabilidades no seu interior, e unha horizontal, apoiada na diferenciación de roles, tarefas e funcións ordeados articuladamente, coa intención formalmente declarada de acadar dunha maneira máis eficaz os obxectivos propostos. 
  • Un conxunto de persoas que manteñen entre elas un determinado sistema relacional e de comunicación con características propias. 

Por outra banda temos que ter en conta que tal e como explicita (Solé, l., 1998): “A escola é un sistema, na medida en que podemos identificar nela diversos elementos estreitamente relacionados entre si, cuxa organización responde á necesidade de conseguir unhas determinadas finalidades. A escola é un sistema aberto, continuamente exposto ás relacións con outros sistemas (familias, equipos, asesores, outros centros educativos, servizos sociais, servizos sanitarios, administración, etc.) que inflúen nela e que a forzan a continuas adaptacións e modificacións”

Por último, comentar que baixo o meu punto de vista a escola non só está exposta ás relacións con outros sistemas, senón que ten que estar disposta e ser o motor de cambio en colaboración con outros ámbitos (familias, outros centros, servizos sociais, médicos,....) e todo o profesorado e especialmente o orientador/a do centro, teñen que estar convencidos de que son as pezas fundamentais para levar a cabo este traballo colaborativo, polo ben do neno e nena e a comunidade educativa.