Navegación

No se han creado páginas aún

7.3.- Escola de calidade: que é iso?

7.3.- Escola de calidade: que é iso?

Última actualización de en Pablo

Un dos conceptos que máis preocupa en todos os países desenvolvidos e a "calidade" da escola, é por iso que é necesario realizar unha pequena reflexión sobre este aspecto, pero non é unha tarefa sinxela, pois non sempre se teñen indicadores homoxéneos.

A partir dos anos setenta, nas políticas públicas sobre educación pasouse dunha preocupación polos problemas da cantidade a intentar atopar solucións para os problemas da calidade educativa (trala segunda Guerra Mundial prodúcese unha expansión demográfica que prima a expansión do sistema educativo quedando nun segundo plano a calidade da educación). Inténtase, polo tanto, retomar de novo a calidade fronte á cantidade como promotora de cambio. Este foi o inicio dun cambio na mentalidade da educación, xa que non se buscaba tan só que os rapaces estiveran escolarizados, senón que tamén se buscaba unha calidade da súa ensinanza.


Esta busca dunha ensinanza cualitativamente mellor ven reflectida e recollida (no caso español) na LOXSE. onde se intenta crear e implantar no territorio español un currículo de carácter aberto e flexible, posibilitando así unha mellor adecuación do colexio ao entorno. Esta adecuación ven definida como os diferentes niveis de concreción. Outros aspectos que define a LOXSE para a mellora da calidade son a cualificación e formación do profesorado, a programación docente, os recursos educativos e a función directiva, a innovación e investigación, a orientación educativa e profesional, a inspección educativa e a avaliación do sistema educativo.


Así pois, o concepto de calidade do ensino ten un significado distinto se se enfoca desde unha posición conservadora (asociado a unha escola selectiva e clasificatoria), aspecto moi reciente nas últimas datas coa aprobación da LOMCE, ou desde unha postura progresista (asociado a unha escola comprensiva). Neste segundo caso, unha escola de calidade é unha escola común para nenos/as diversos, con capacidade para individualizar o ensino e atender así ás necesidades educativas de todos e cada un deles.

Pero se analizamos a escola actual poderemos encontrar unha serie de problemáticas que esixen a necesidade dun replantexamento da educación debido aos cambios tan drásticos que estamos a sufrir. Estes cambios sociais obrigan a pensar a educación e no noso sistema educativo desde unha perspectiva diferente, o que nos leva ao plantexamento de formas distintas de actuación nos centros. É evidente, que precisamos dunha nova escola, que sexa quen de adaptarse á sociedade actual, ao mesmo tempo que recoñeza e acepte a diversidade, xa que deberá atender a alumnos distintos e adaptarse a eles. Neste senso podemos sinalar unha serie de características que precisa esta nova escola, como son as seguintes:

  • Ser inclusiva e diversa.

  • Integrar coñecemento, afectos, experiencias e actuación.

  • Traballar cun currículo centrado en problemas educativos relevantes.

  • Ser flexible en espazos, tempos, grupos e actividades.

  • Incluir a toda a comunidade no proceso de ensino-aprendizaxe.

  • Partir das potencialidades de cada neno e nena.

  • Ser un servizo público de calidade.