Navegación

No se han creado páginas aún

7.4.1.- Exemplo dunha escola inclusiva: O Pelouro

7.4.1.- Exemplo dunha escola inclusiva: O Pelouro

Última actualización de en Pablo

En moitas ocasións, soese apreciar ou poñer en valor, aquelas experiencias ou proxectos innovadores que se atopan moi lonxe de todos e todas nós, e igualmente, son descoñecidos para nós o bo que se está a facer moito máis preto. Seguro que todos temos ido a visitar algunha cidade importante fóra de Galicia, pero ao mellor non coñecemos un recuncho natural que esta moi preto de nós, e que é moi visitado polos extranxeiros que visitan a nosa terra.

Pois ben, algo así está a suceder cunha escola integradora que leva aberta dende 1973, que se atopa en Caldelas de Tui,  e que é un referente a nivel nacional e internacional a nivel socio educativo, tendo recoñecida a súa traxectoria con diversos premios de alto prestixio.

Estoume a referir a escola de O Pelouro, unha escola que tal e como recolle na súa páxina web (que despois compartirei), "é unha escola centrada no Neno e cuxo modelo psico-socio-pedagóxico convértese en vehículo propicio para a integración saudable. O Pelouro é unha escola para todo neno, para aqueles "normais" e para os que presentan variacións neurocognitivas que afectan o desenvolvemento, como espectro autístico, síndrome de Down, dificultade cognitivo-social, alta capacidade de intelixencia, etc  O modelo educativo inscríbese na paradigma sociocrítico como "pedagoxía interactiva intersectiva", que leva unha función escolar baseada na investigación-acción centrada no neno, cunha arquitectura modular conexionada organizada a través de contextos desarrollantes nos que o procesamiento da información, as emocións e as relacións impregnan o currículo de dentro-a-fóra e de fóra-a-dentro nunha dinámica que propicia a yoización básica (Llauder-Ubeira) e o desenvolvemento socioindividualizado, concienciado e saudable: ser e facer, con-vivir e aprender."

Hai moi pouco tempo tiven a oportunidade e a sorte de visitar este centro, e a verdade é que o que alí me atopei superou moitísimo as miñas expectativas iniciais. Nesta escola descubrín o que significa partir dos coñecementos previos de cada neno e nena e dos seus intereses, que o coñecemento e algo por descubrir e que o mestre/a tan só é un mediador e facilitador de recursos, comprendín o significado da palabra inclusión, recibín unha cura de humildade e de saber por parte de xente maior e moito menor ca min, e sobre todo axudoume a repensar e facerme ver que outra educación é posible.

Si alguén ten a oportunidade de visitar este centro, que non o dubide, porque sairá cunha visión nova e con novos plantexamentos educativos.

Así mesmo, quero aproveitar esta ocasión non só para poñer en valor esta experiencia, senón tamén para dicir alto e claro, como a falta de recursos e o pouco apoio que se lle está a brindar dende a administración, está a por en perigo este centro educativo. Non hai dereito que esta experiencia recoñecida a nivel internacional e que vive, por e para o neno/a, sexa menosprezada desta maneira. Dende aquí quero dar todo o meu apoio e recoñecemento a este centro e as persoas que dun xeito, pasional e vivencial, fan posible este proxecto educativo e felices a tantos nenos e nenas.

O enlace a páxina web é o seguinte: www.opelouro.org