Navegación

No se han creado páginas aún

8.1.1.- Coñecementos previos sobre o/a asesor/a

8.1.1.- Coñecementos previos sobre o/a asesor/a

Última actualización de en Pablo

Moitas veces na escola prodúcese unha situación paradóxica, que se da cando o/a asesor/a se atopa na situación dicotómica creada, cando ao ser requerido por un ou varios mestres/as ante un problema determinado dun alumno/a, éstes piden unha solución inmediata como se fose un mago sacando un coello da chistera, agardando a resolución do problema. Ademais, na maioría dos casos o profesorado nunca se ven como parte do problema e queren que a solución establecida implique o menor esforzo posible por parte deles.

 

Así pois a situación do asesor/a a describo como paradóxica pois o profesorado solicita a súa axuda para que lles de solución a un problema con un alumno/a deteriminado/a, pero a perspectiva coa que acoden a al/ela é a de solucionador/a de problemas de forma inmediata, fomentando así o traballo exclusivo do asesor/a como poseedor de toda a sabiduría capaz de dar resposta a todo, e se non é capaz queda sen solución.

 

Esta perspectiva, por desgracia aínda está moi extendida, en moitos do centros educativos e nos profesionais que neles traballan. Pero para min isto é un erro, eu considero que un/unha asesor/a dun centro educativo é aquel que se centra no alumnado e en todos/as os/as implicados/as na educación do mesmo. O/a asesor/a ten que ser o punto de conexión que é capaz de involucrar a todo o que rodea a vida do alumnado: familia, profesorado, escola, outras entidades... na búsqueda de solucións e estratexias compartidas que repercuta nunha mellor formación de todo o alumnado.