Navegación

No se han creado páginas aún

8.2.2.- Papel do profesorado

8.2.2.- Papel do profesorado

Última actualización de en Pablo

A continuación vou tentar recoller o que entendo que debe ser o rol do profesorado na escola actual, partindo dunha serie de cuestionamentos que me levo facendo dende hai tempo. Vale calquer persoa para traballar como un profesional da infancia? Deberíanse esixir certas actitudes e aptitudes ás persoas que traballan con nenos e nenas? Os procesos selectivos garanten un profesorado capaz e suficientemente preparado para traballar en un centro educativo? A universidade está actualizada como para preparar ao profesorado en base as necesidades actuais? Os prácticum das carreiras realízanse en centros de referencia, ou calquer centro e válido? Que lles importa máis as administracións educativas: un sistema con un profesorado ben preparado e en contínua reciclaxe ou un profesorado acomodado? Que contido é máis importante transmitir ao alumnado, o inglés ou a capacidade de escoita, de pensamento e de empatía? Fórmase para pensar e decidir, ou para obedecer?...

 

 

Así podería continuar con máis plantexamentos, pero creo que son suficientes como para transmitir a idea que teño respecto ao sistema educativo, e concretamente sobre o profesorado. Para min, calquer persoa non pode ser profesional da infancia, pois un profesional da infancia ten que ser un profesorado disposto a colaborar, a compartir, a observar e escoitar á infancia, a colaborar coas familias,... no que o traballo en equipo sexa unha realidade, e a actualización permanente lle axude a guiar aos nenos e nenas no seu desenvolvemento. Ademais deberíaselle esixir unha certa sensibilidade e capacidade afectiva, un alto grao de empatía cos outros e unha gran capacidade de observación e análise. Por tanto, o papel do profesorado non pode ser definido como o de productor e reproductor do coñecemento, senón como un axente de cambio que exerce o seu traballo de forma crítica, colectiva e autoesixente en beneficio da infancia.