Navegación

No se han creado páginas aún

8.2.3.- Benestar e malestar docente

8.2.3.- Benestar e malestar docente

Última actualización de en Pablo

O primeiro aspecto a tratar é que se entende por malestar e benestar docente:

  • Benestar docente: e o estado de completo benestar físico, mental e social á hora de desenvolver o traballo docente.

  • Malestar docente: refírese “aos efectos permanentes de carácter negativo que afectan á personalidade do profesor/a como resultado das condicións psicolóxicas e sociais nos que se exerce a docencia; este malestar docente trae múltiples consecuencias: ausentismo laboral, abandono da profesión, enfermidades propias do profesorado,..”. (Esteve, 1987)

 

Esteve (1987) resalta que “a profesión docente é sempre unha actividade ambivalente, como o mito de Jano – o de dúas caras- unha porta aberta pola que se pode entrar ou sair. E como dúas caras da mesma moeda, pero a moeda é sempre a mesma e para ver a cara amable non hai máis que darlle a volta e deixar ocultar a cara amarga. Falar de malestar docente non é máis que un exercicio para esclarecer o que hai que deixar abaixo para que reluza a cara do benestar”.


Este é o documento realizado por José Manuel Esteve sobre o Benestar e malestar docente, onde se pode ampliar a información:

Benestar e saúde docente



Feita esta primeira aproximación a definición de benestar e malestar docente, compre pararse a reflexionar sobre cales poden ser os motivos de que exista o malestar docente. Estas causas poden estar relacionadas con:

  • Desmotivación do alumnado para ir á escola. Este aspecto tamén pode afectar ao profesorado pois non saben ou non se sinten coas capacidades suficientes para chegar aos seus alumnos/as.

  • Masificación das aulas. Cada vez as ratios son máis elevadas e iso fai que o profesor/a sinta que non é capaz de chegar ou atender a todos/as os/as nenos/as, isto pode levar consigo un esgotamento emocional moi importante.

  • Rotura do vínculo emocional. O feito do desprendemento emocional ao rematar o curso cos alumnos e alumnas, especialmente nas idades máis temperás, pode ser unha situación difícil de levar que pode acarrear problemas ao profesorado se non o sabe xestionar adecuadamente.

  • Escasa valoración da labor docente. Non é entendible que unha profesión tan importante na vida das persoas non sexa valorada como debe. Nos paises que son referencias educativas como Finlandia, a profesión docente é a que ten maior prestixio e as persoas que forman parte dese profesorado son os mellores expedientes da carreira universitaria.

  • Progresiva complexización da organización educativa. Isto conleva que a esixencia de altos niveis de atención, concentración e precisión sexan maiores, o que pode acarrear por parte do profesorado unha falta de realización persoal comezando a dubidar da súa capacidade.

  • Relación conflictivas cos membros da comunidade educativa. Cando se producen situacións conflictivas cos alumnos/as, pais/nais ou compañeiros/as de profesión, é necesario saber xestionar esas emocións, pois non saber facelo pode ter consecuencias psíquicas e físicas negativas (ansiedade, depresión, dolor musculo-esquelético,...)

  • Falta de recursos necesarios. Para facer fronte ao traballo diario ou as novas esixencias dos sistemas de ensinanza. Son moitos os profesores que pagan certo material para poder levar a cabo algunha experiencia pois ese material non o hai no centro.

 

Un aspecto a ter en conta relacionado coas causas son as atribucións. A teoría da atribución explica como interpretan as persoas as causas das condutas e as consecuencias que teñen os acontecementos propios e doutras persoas. A interpretación que realizan as persoas dos feitos está guiada polas súas propias crenzas, valores e sentimentos e mediante a interpretación atribúense as causas e os resultados das condutas e acontecementos a causas que poden ser externas ou internas, controlables ou incontrolables. As atribucións relaciónanse coas motivacións das persoas e chegan a influír nas condutas, estratexias e relacións que establecen co mundo en xeral e na vida cotiá en particular, así como nos contextos de aprendizaxe e nos contextos laborais. As atribucións negativas inflúen negativamente nas condutas que realizan as persoas e nas que non realizan por temor a fracasar e as atribucións positivas inflúen positivamente nas condutas de éxito e nas consecuencias positivas.

 

Weiner (1979) establece 3 dimensión para entender as motivacións e atribucións que realizan as persoas para explicar as causas das conductas e acontecementos da realidade:

 

  • Locus de control: pode ser de dou tipos: interno (as causas dos acontecementos interprétanse preferentemente como causas internas. Por exemplo o esforzo persoal) e externas (as causas dos acontecementos interpÅ•etanse preferentemente en función de sucesos externos a nós. Por exemplo a sorte)

  • Estabilidade: pode ser por factores: estables (que funcionan como causas dos acontecementos e son interpretados como factores que non pode cambiar o suxeito pois non depende del. Por exemplo pensar que son pouco intelixente) e inestables (son causas que poden cambiar. Por exemplo estar moi canso o día dun exame).

  • A capacidade de control: É a capacidade de cambiar as causas que producen os acontecementos. Pode ser por factores: controlables (son causas que o suxeito pode modificar, controlar. Por exemplo estar moi canso ao día seguinte por durmir pouco) e incontrolables (son causas que o suxeito considera que non pode controlar. Por exemplo ter febre mentras se fai un exame)

 

Para facer fronte a este malestar docente, pódense empregar diferentes tipos de afrontamento:

  • Afrontamento focalizado no problema: o suxeito percibe as súas propias competencias, e a capacidade para manexalas ou enfocalas a un novo resultado. O suxeito tenta pensar de maneira racional as variables que inflúen na súa problemática, así como nas capacidades para solucionala.

  • Afrontamento focalizado nas emocións: a persoa non modifica a situación por non verse capaz de facelo ou por non crer na súa propia capacidade para conseguilo. Céntrase nos propios sentimentos acerca dos seus pensamentos e condutas, aínda que tamén se pode manifestar reprimindo ditas emocións ou alterándoas de maneira ilusioria.

  • Afrontamento focalizado de evitación: a persoa ignora a problemática que co paso do tempo vai seguir existindo.

Así mesmo, estou convencido que si se trocan as metodoloxías de cara a levar unha práctica verdadeiramente construtivista, inclusiva e comunitaria, centrada no neno/a, no que cada día pode ser diferente na escola, o malestar docente diminuiría. Pero con este cambio algúns aspectos que se dan na escola tradicional veríanse afectados:

  • O rol do profesor cambiaría, sendo os alumnos/as os/as que pregunten aos profesores/as e non ao revés, xa que son estes os que acoden ás aulas para estudar e aprender.

  • Fronte ás aulas onde o alumno só está presente dun modo pasivo o modelo de investigación en grupos fomenta o debate como o mellor modo de por en común toda a información e de chegar a un punto en común. Este contribúe a que se desenvolva a capacidade de interpretara información e obter resultados.

  • Tería cabida a motivación intrínseca. Até o momento, no ensino tradicional a única motivación que se contemplaba era a través de premios e castigos, convertendo aos centros en “factorías de notas”.

 

En definitiva, o profesorado é unha peza fundamental da engranaxe pedagóxica dunha comunidade de aprendizaxe, son mediadores, guías, impulsores, compañeiros/as,... que teñen unha vocación que non é outra que axudar e acompañar aos alumnos e alumnas no seu desenvolvemento. Poñamos en valor o noso profesorado e a importancia do seu traballo.