Navegación

No se han creado páginas aún

8.3.- O traballo en equipo

8.3.- O traballo en equipo

Última actualización de en Pablo

A pesar de que todas, ou case todas, as leis educativas fixeron e fan fincapé na importancia do traballo en equipo entre todos os axentes que compoñen unha escola, hoxe en día, a escola segue sendo vista como unha organización cunha configuración propia dunha organización burocrática na que existe pouca posibilidade de cambio sobre a realidade institucional e na que o traballo dos docentes é illado e individualista.

A denominada “cultura escolar” é a forma de comprender a educación, de actuar e de relacionarse dentro da institución. Existen catro tipos de “cultura escolar” ou de “modelos de cultura profesional” que Hargreaves (1991) define como:

  • O individualismo fragmentado: que se caracteriza polo traballo illado, solitario e privado ao que se ve reducida a actuación do profesor/a, dentro a súa aula. Non se comparten recursos nin ideas senón máis ben unha total indiferencia entre uns e outros. As únicas interaccións entre o profesorado redúcense a charlas informais que teñen lugar en espazos ao centro.

  • A balcanización: que se caracteriza polo enfrontamento entre profesores/as, entre os que apenas existe comunicación, e existe unha indiferenza que produce que en ocasións se dean situacións de conflitos entre eles/as.

  • A colexialidade forzada onde a presión administrativa externa forza aos profesores/as a traballar en equipos mediante a imposición de reunións conxuntas. Esta é un tipo de cultura que non responde á verdadeira colaboración.

  • A cultura de colaboración é aquela que se dá en escolas cun forte “sentido de comunidade”. As persoas están unidas por vínculos de ideas, perspectivas, crenzas,... e uns obxectivos comúns, construídos ao mesmo tempo por todos eles.

Como é lóxico este último punto (cultura de colaboración) é o modelo de cultura escolar máis óptimo, pois para conseguir unha verdadeira calidade educativa, é necesaria a implicación e participación de todos/as os membros da comunidade educativa.