6. Quinta e última parada: Cabo Norte

6. Quinta e última parada: Cabo Norte

Última actualización de en Nuria Couto

QUINTA E ÚLTIMA PARADA: CABO NORTE

Todas as viaxes son tristes cando chegan ao seu fin. Sempre recordamos todas a aventuras vividas e moitos preguntámonos por que non podemos volver atrás no tempo e comezar a viaxe de novo. Pero está vez a sensación non foi tan dramática como noutras ocasións, pois non só recorrín Noruega e as marabillas da natureza que recolle toda a súa costa e interior, senón que tamén recorrín un apaixoante camiño ao longo do Asesoramento, viaxando dende os seus inicios á súa práctica profesional. Está claro que a partir desta a ventura vou a ser unha mellor viaxeira, así coma tamén unha mellor profesional da educación.

Por onde ía, agora mesmo estamos aquí, no Cabo Norte, o cal é considerado con frecuencia o punto máis setentrional de Europa, agardando a ver o famoso “sol de media noite.” A tranquilidade é inmensa por que estou satisfeita como meu traballo realizado. Foi duro, pero enriquecedor.

sol-de-medianoche.jpg

En realidade seguro que vos estades preguntando, onde se quedaron os Trolls e non cales son, por exemplo, as competencias do asesor/a. Como xa sabedes, estes novos amigos poden aparecer en calquera momento, só depende de nós, e nesta ocasión non ía ser menos. Coma sempre teño probas!

PB035895.JPG

Foi un pracer disfrutar desta viaxe con todos e todas. Espérovos pronto noutra aventura lúdico-psicopedagóxica!
Ata pronto!