Navegación

No se han creado páginas aún

8.3.2.- Escollos atopados no camiño da cultura da colaboración

Conseguir unha auténtica colaboración nos centros educativos é, na maioría dos casos algo moi complexo, pois son os propios membros da comunidade os que en moitas ocasións non están dispostos a participar e colaborar. Os motivos desa falta de implicación son moi diversos pero existen tres aspectos que quero destacar e que son, en moitas ocasións, as causas dunha mala colaboración entre o profesorado: os obxectivos, as relacións interpersoais e a metodoloxía de traballo empregada polo grupo de profesores/as. Para solucionar os problemas derivados destes factores propoño as seguintes solucións xenéricas:

  • Ofrecer pautas claras e tarefas ben definidas.

  • Expor a cada unha das persoas do grupo as diferentes posibilidades de colaboración e os ámbitos nos que se pode participar.

  • Salientar a importancia do traballo que desenvolve cada individuo como parte dun todo.

  • Saber atopar para cada suxeito o lugar idóneo para que senta cómodo e poida contribuír segundo as súas capacidades, intereses e afeccións.

  • Ofrecer a posibilidade de deseñar e desenvolver tarefas importantes e creativas para o individuo que permitan pór en xogo as súas capacidades intelectuais máis relevantes.

Compre indicar que a falta de colaboración en moitos casos non só se produce porque haxa unha falta de implicación do profesorado, senón que tamén, por situacións onde a resistencia ao cambio xoga un papel importante. Dita resistencia pode manifestarse ben de forma aberta e inmediata, de forma implícita ou dunha forma diferida.

Para mellorar e diminuir a resistencia ao cambio os centros escolares poden desenvolver unha serie de actuacións como as seguintes:

  • Pór énfase nos procesos informativos.

  • Facilitar e apoiar desde o propio centro e a través de formulacións flexibles unha distribución conveniente dos recursos.

  • Negociar os prazos, as tarefas, os obxectivos e o uso dos recursos a partir do criterio xeral de equilibrio das “cargas do traballo” entre todos os membros do equipo.

Outros aspectos que considero que non axudan a desenvolver un traballo colaborativo no centro, partindo dunha concepción construtivista da aprendizaxe, son os seguintes:

  • Falla dunha aposta dende a Administración para que a lexislación se cumpla. As administracións, debería facer unha aposta clara pola educación e aumentar a inversión na mesma, para dotar de máis recursos materiais, pero sobre todo de recursos humanos que permitan rebaixar as ratios nas aulas.

  • O profesorado debe trocar a súa forma de pensar e a súa metodoloxía, pasando da comodidade á implicación e á educación activa. É moi sinxelo, botar a culpa a terceiros, e deste xeito non traballar de forma construtivista ou colaborativa, dado que non nos podemos esquecer, que esta fórmula de traballo implica maior reflexión, planificación, avaliación... en definitiva maior coordinación e traballo en equipo e maior individualización da ensinanza. É certo que, seguramente, hai moitos aspectos, a mellorar, pero o primeiro e ter intención de traballar neste liña e iniciar o camiño, dado que esta é a única maneira de poder ir mellorando no día a día.

  • A ensinanza para a comprensión ten que ser un feito. É necesario que se abogue por este tipo de ensinanza, na que o alumnado poda conectar os novos aprendizaxes coas súas ideas previas, e que ese resultado sexa aproveitable para a súa vida cotiá. É necesario escoitar máis ao alumnado e convertirnos na “orella verde” que esta ao seu servizo.

  • A formación inicial do profesorado, debe ser moito máis próxima á realidade e debe formar aos futuros mestres/as non só no ámbito teórico, senón tamén dende a práctica, dando ideas, recursos, formas de facer, estratexias para a planificación, observación, avaliación...

  • A formación contínua debería coller outro cariz, dado que na actualidade e un simple formalismo ou requisito na maioría dos casos.

  • Os tempos e a estrutra da xornada escolar tamén se tería que modificar dando pasos hacia horarios máis flexibles tanto para o alumnado como para os mestres, pois precísanse de máis tempos para planificar, preparar materiais, avaliar...