3.2 Benestar e Malestar Docente

O benestar docente

Según la OMS ( Organización Mundial de la Salud) "La salud es un estado de completo bienestar físico, mental y social, y no solamente la ausencia de afecciones o enfermedades."

Podemos entender por tanto o benestar docente, como a consegución dun completo estado de benestar físico, mental e social, pero son moitas as circunstancias e o factores que inflúen para que esta situación non se dea, sobre todo no ámbito educativo, e verdadeiramente un problema, pois si un mestre non se encontra nunha condicións favorables para impartir docencia, para desenvolver a súa labor dun xeito armónico, non podemos esperar un resultados positivos, resultados que van a repercutir tanto a nos rapaces da actualidade como na futura sociedade, pois estamos educando aos futuros médicos, mestres, políticos, albañiles…

Indagando un pouco pola rede, atopeime esta aportación, na que se suliña unha competencia do mestre/a como fundamental para lograr conseguir un benestar e di o seguinte:

O liderado é a competencia que máis contribúe ao benestar docente. Pódese definir o liderado como a función de dinamización dun grupo ou dunha organización para xerar o seu propio crecemento en función dunha misión ou proxecto compartido (Parella). O liderado é a competencia por excelencia do profesorado. Mestres e profesores son líderes dos seus alumnos e isto conséguese a través da autoridade. Hoxe, nas nosas aulas fálase de falta de autoridade e mesmo, algunhas Comunidades Autónomas promulgaron leis sobre a autoridade do profesorado. Agora ben, é preciso que distingamos entre autoridade e poder, entre auctoritase potestas. A potestas, é o poder do profesorado emana do seu nomeamento e exprésase maioritariamente a través das notas, mentres que a auctoritas, a autoridade, a ascendencia sobre os alumnos conséguese a partir da confianza que poidamos dalos e esta confianza nace dun conxunto de competencias emocionais, dinos o método de pensamento emocional e para iso, proponnos un conxunto de exercicios que nos axuden a desenvolvelas.

O malestar Docente

Milsteins e Golaszewski (1985) relacionaron un conxunto de variables que consideraron como factores estresantes da profesión docente. Entre estes factores destacan os seguintes:

- Condicións laborais: vías de promoción e honorarios.

- Horas adicadas ao traballo fora do centro: elaboración de tarefas e preparación de traballos no domicilio.

- A conduta ou comportamento dos alumnos.

- As relación laborais cos demais integrantes do equipo multidisciplinar.

- Outros problemas.

Outros autores engaden máis factores como causa do estres docente, como pode ser os cambios que se producen con certa frecuencia no quefacer docente. Cambios que inclúen dende a formación permanente e continua para afrontar os cambios sociais e tecnolóxicos, os cambios nas leis educativas, os cambios ou traslados de centro. Todos estes factores inflúen na insatisfacción do profesorado, que nalgúns docentes lles produce unha tensión ou presión excesiva dándolles a sensación de non se poder adaptar ás constantes variacións e cambios que se producen no ensino, e esta sensación sería a desencadéante. Podemos engadir máis factores que inflúen no malestar docente como son: horarios, inspeccións, acoso laboral, esixencias da administración, visitas dos pais, actitudes dos pais, normas do centro, corrixir traballos, facer informes, amoestacións, falta de incentivos, etc.

Asi mesmo malestar docente relaciónase tanto con variables sociodemográficas, tipos de centro, cambios sociais, cambio do rol do profesor socialmente, etc., con variables persoais, características persoais e co clima dos centros escolares e na aula que en ocasións dificulta a función docente, diminúen a eficacia do profesor como docente e producindo unha sensación de desmotivación cara ao traballo.