3.3 Escola inclusiva

3.3 Escola inclusiva

Última actualización de en Fernando Neira Gomez

Escola inclusiva

 


4DC5C2_2.jpg



Cando se fala de "inclusión" é común confundilo co termo de "integración". Se ben son termos moi similares, conteñen unha diferenza. A integración refírese ao proceso de ensinar xuntos nenos con e sen n.e.e. A inclusión é unha concepción moito máis profunda, resalta o sentido de comunidade, para que todos teñan a sensación de pertenza, apoien e sexan apoiados polos seus iguais e demais membros da comunidade escolar, ao tempo que se encontran respostas axeitadas ás súas necesidades educativas especiais.

Na inclusión, o centro de atención é a transformación da organización e a resposta educativa da escola para que acolla todos os nenos e mozos, e teñan éxito na aprendizaxe.

O mérito das escolas inclusivas é que, ademais de ser capaces de dar unha educación de calidade a todos os alumnos, se logre cambiar as actitudes de discriminación, para crear comunidades que acepten e colaboren na construción dunha sociedade integradora.

A escola inclusiva ofrece o espazo para lograr o recoñecemento do dereito que todos temos a pertencer a unha comunidade, construír cultura e identidade cos outros e a educarnos nas institucións formalmente recoñecidas, calquera sexa o medio social, a cultura, a ideoloxía, o sexo, a etnia ou situacións persoais derivadas dunha discapacidade física, intelectual,sensorial ou, mesmo, dunha sobredotación intelectual.

No logro, e na consecución dunha escola incluvia, a función do asesor/a vai a ser fundamental, pois ben debe ser o que poña en rede a todos os membros da comundade, que desenvolva as estratexias necesarias para crear un clima social, agradable, cordial… son moita as función do psicopedagogo/a que ha de desenvolver para chegar a este modelo de escola, pero dende logo que os resultados que se obteñan unha vez posto en marcha todo o proceso sera mais que gratificante, pois podemos entender a escola inclusiva como unha prevención a grandes rasgos.