Navegación

No se han creado páginas aún

9.2.1.- LOMCE: un paso atrás

9.2.1.- LOMCE: un paso atrás

Última actualización de en Pablo

Tan só hai que botarlle unha ollada aos motivos polos cales esta nova lei nace, para darse conta de que o camiño que se pretende coller é errado. No motivo número 1 polo que nace esta lei aparece reflexado o seguinte:

  • “Os alumnos son o centro e a razón de ser da educación. A aprendizaxe na escola debe ir dirixida a formar persoas autónomas, crítica, con pensamento propio. Todos os alumnos teñen un soño, todas as persoas xóvenes teñen talento. As nosas persoas e os seus talentos son o máis valioso que temos como país”
  • “Por elo, todos e cada un dos alumnos serán obxecto dunha atención, na búsqueda do desenvolvemento do talento, que converta a educación no principal instrumento de movilidade social, axude a superar barreiras económica e sociais e xere aspiracións e ambicións realizables para todos. Para todos eles esta lei orgánica establece os necesarios mecanísmos de permeabilidade e retorno entre as diferentes traxectorias e vías que nela se articulan”
  • “A educación é o motor que promove o benestar dun país; o nivel educativo dos cidadáns determina a súa capacidade de competir con éxito no ámbito do panorama internacional e de afrontar os desafíos que se plantexen no futuro. Mellorar o nivel dos cidadáns no ámbito educativo supón abrirlles as portas a postos de traballo de alta cualificación, o que representa unha aposta polo crecemento económico e por un futuro mellor”

Estas liñas traen a miña cabeza recordos sobre tempos pasados de “escola para ricos ou moi talentosos” e de “escola de pobres ou de tontos”. Resulta que si tes moito talento e recursos poderás ir polo camiño (mecanísmo de permeabilidade) dos listos que che pode levar de cara a Universidade e senón tes talento ou recuros terás que ir polo camiño da formación profesional (no mellor dos casos). Para isto, o sistema xa se vai encargando de levar a cabo “probas de nivel” que xa comezan no terceiro curso de primaria, para ir parcelando e encamiñando os listos por unha vía e os non tan listos por outra.


E todo isto, xorde ante a necesidade de competir con éxito no ámbito do panorama internacional, convertendo a educación, nun aspecto puramente mercantilista no que os postos de alta cualificación pasan a ser un asunto de élites, e sustituíndo un dos principios fundamentais da escola, que é o de educar cidadáns e cidadás do presente e do futuro de forma igualitaria.

O concepto de talento, trae consigo un “lobo con pel de cordeiro”, pois resulta que de repente cremos no talento da nosa xuventude, que máis que talento teríase que falar de potencialidades en diferentes ámbitos, nunha perspectiva globalizadora. Pero qué hai detrás da palabra talento, pois exclusivamente ter potencialidade no ámbito matemático e no ámbito lingüístico, que son as competencias polas que se rexen os informes PISA (aos que tamén fai referencia esta lei) deixando de lado o resto de potencialidades (musical, corporal, espacial,...) ou no mellor dos casos encamiñando estas potencialidades de cara outras vías.


Outro aspecto que baixo o meu punto de vista é perigoso é que agora se interprete que o camiño dos bos e o universitario, e que o camiño dos non tan bos sexa o da formación profesional. Para min deberían de estar ao mesmo nivel.


Por último resaltar que todas estas intencións veñen acompañadas doutras atrocidades como: redución de materias optativas, eliminación da materia de Educación para a Cidadanía, priviliexio para os centros concertados (aínda que diferencien por sexo), perda de autonomía dos centros, esixencia aos centros de cumplir no rendemento escolar senón serán penalizados, maior peso a asignatura de relixión, perda de poder do Consello Escolar que pasa a ter unha función de asesor...