Navegación

No se han creado páginas aún

9.3.- Necesidade dun sistema educativo alternativo

9.3.- Necesidade dun sistema educativo alternativo

Última actualización de en Pablo

Nestes momentos de descontento social e de reclamo dos nosos dereitos, compre botar a ollada cara o sistema educativo e decir en voz alta que non estamos a ir polo bo camiño. Esta viñeta de Francesco Tonuchi (Frato), a pesar de que foi elaborada nos anos 70, recolle moi ben a realidade da escola actual.

É o momento de mirar pola infancia, e de esixir outro sistema que teña en conta outras formas de facer, que prime os intereses dos nenos e nenas e non dos adultos, que sexa motivante, que teña un profesorado reciclado e motivado, que teña en conta e de cabida a familia... en definitiva, construir unha escola diferente.

A continuación presento unha serie de vídeos que fun compartindo na rede nos últimos meses que establecen esta mesma necesidade. Son os seguintes:

Do programa de Redes:

  • A revolución educativa nº 64:

    Error processing the video

  • Crear hoxe as escolas de mañá nº 77:
  • O sistema educativo é anacrónico nº 87:

Un par de vídeos sobre a educación viva:

  • Parte01.- Non creo na escola tradicional, pero si na educación:
  • Parte02.- Non creo na escola tradicional, pero si na educación: 

Un vídeo dunha charla de Ken Robinson que reflexiona sobre o sistema educativo actual:

  • Paradigma do sistema educativo:

Unha película documental arxentina sobre o sistema educativo. Estrenouse en agosto de 2012. Esta baseada en diversas experiencias educativas non habituais (como a educación libertaria, montessori, waldorf...), en España e América Latina.

Todos estes vídeos nos axudan a visualizar a realidade actual do sistema educativo e a necesidade de levar a cabo un troco de modelo. Os anos pasan e cada vez se fai máis visible esta necesidade, é imprescindible este troco e non se pode perder máis tempo, pois a xente que nos dedicamos ao mundo da educación, axudamos, educamos e acompañamos a xuventude deste país, que son o futuro próximo no que se sostentará a nosa sociedade.