Navegación

No se han creado páginas aún

9.2.3.- Urxente: precísase un pacto educativo

9.2.3.- Urxente: precísase un pacto educativo

Última actualización de en Pablo

Todo o visto ata o momento sobre a LOMCE, pon ante nós un futuro bastante negro. Como é costume cos partidos políticos unha vez que o goberno actual mude, trocarán de novo esta lei educativa. Este aspecto lóxicamente o comparto, pois esta lei non hai por onde collela. Pero isto non quere dicir que este de acordo con esta política bipartidista que regula o noso sistema educativo, que non lle permite ter unha estabilidade lexislativa.


É duro pero certo, éste é o futuro que nos agarda e deixa entrever o pouco coñecemento pedagóxico das persoas que dirixen este país. Hai tempo que todos os gobernantes deste país, xa sexan de dereitas, de esquerdas ou de centro, teñen unha débeda con todos os cidadáns, que non é outra que deixar o seu egocentrísmo partidista, e establecer un pacto pola educación no que se de forma a unha boa lei educativa que sexa duradeira no tempo, e que teña como base todos os estudos pedagóxicos e avances da ciencia, para ter un calado pedagóxico e científico e non un calado partidista ou ideolóxico.


Por favor que sexa canto antes....