4.1 Reflexión

4.1 Reflexión

Última actualización de en Fernando Neira Gomez

Reflexión crítica

Chegando o punto final, do preceso de elaboración de claquer delicia culinaria, son moitos os momentos, procesos… que se fan para chegar ata este momento… para que todo saia según o previsto, e que de o cliente, encargado de degustar a creación, quede satisfeito e que se vaia con bo sabor de boca e con ganas de volver a repetir dita aventura.

No referente a elaboración deste E-Portafolios, ei de volver a remarcar (como dixen ao comezo) que estaba ante unha nova aventura, ante unha situación e método de aprendizaxe totalmente novidoso. Este feito de novidade pode ser visto como algo negativo pero ao mesmo tempo como positivo, pois o descoñecemento de cómo ia a ser o transcurso desta asignatura permite a un mesmo innovar e explorar novos campos que ata o momento podían ser descoñecidos.

Na miña humilde opinión, o feito de traballar esta materia, serviume para coller un certo grado de autonomía no referente a seleccionar en determinado xeito diversa información e contratala con outra, de forma que eu mesmo tivera que facer as miñas propias conclusións con todo o que me ia atopando polo camiño, un pouco daquí, un pouco dalí… e finalmente elaborar o meu propio contido.

Como futuros psicopedagogos/as debemos tomar ter en conta todo este proceso de ensinanza, xa que de certo modo e un reflexo da realidade, pois nos como profesionais, debemos sempre valorar en función das circunstancias e do vivido nese momento, de cara a consecución dunha mellora cualitativa e cuantativa no eido do sistema educativo.

A miña valoración tanto da metodoloxía como de todos os contidos traballados ao longo da materia é moi positiva, pois permitíronme obter novos coñecementos e relacionalos cos que xa posuía de xeito que cada prato que fun facendo fora collendo unha textura, un sabor, un olor… totalmente diferente aos primeiros matices cos que comecei esta andaina.

Tamen, matizar que esta forma de ensinanza e de aprender, é un senfín. Pois un non pode dicir que rematou a materia, a través desta rede social, un vai vendo, leendo, sabendo… diversas publicacións que a un lle fan replantarse o que sabe e o que pode aprender. Considero esta rede social un saber construído entre os exalumnos, alumnos e futuros alumnos da USC desta materia no entorno do asesoramento e todo o que con isto supón. Un coñecemento entre todos e para todos feito por todos. tartayogur_emplatado.jpg