Raquel Souto López

Soy una persona que actualmente se está formando para llegar a ser una futura psicopedagoga y que con anterioridad estuvo en la titulación de Educación Infantil puesto que me gustaría dedicarme al ámbito de la educación.

Primeira parada da quinta etapa: A calidade.

Tras unha primeira visión do percorrido que se realizará ó longo desta quinta etapa, hai que destacar que se pasará por diversos lugares de interese turístico, os cales se corresponderían coa innovación ou mellora da práctica educativa, o papel docente como xerador de novos cambios e a importancia da implicación do alumnado no asesoramento.

Tras un tempo camiñando chegamos á nosa primeira parada da etapa, un lugar que ten por nome : A CALIDADE. Isto é así posto que se corresponde coa importancia da innovación e o cambio a nivel educativo.

 

Deste xeito, e para levar a cabo a innovación e o cambio a nivel educativo, empregando o artigo de Murillo (2004), pódese destacar que é determinante a mobilización tanto interna como externa, baixo a posta en marcha dun traballo colaborativo.

A labor do asesoramento, créase a partir de prácticas como a formación permanente do profesorado, a innovación educativa, a supervisión e a orientación, pero resulta complexo establecer unha diferenciación entre todos eles, e sobre todo entre o asesoramento e a formación do profesorado.

Marcelo (1994), afirma que o concepto de desenvolvemento profesional posúe unha connotación de evolución e profesionalidade, á vez que é entendido como un proceso de aprendizaxe mediante o cal alguén aprende algo por si mesmo ou apoiado por outros, dentro dun contexto concreto, o cal implica un proceso de deseño, desenvolvemento e avaliación. Deste xeito o asesoramento, atópase directamente relacionado e influído pola política educativa, as características do Sistema Educativo, a autonomía dos centros e o grao de profesionalidade dos profesores.

A educación debe asegurar a formación dos cidadáns competentes para o traballo e a vida social, é dicir, o desenvolvemento integral da persoa nun contexto de diversidade. Así, a escola non é un espazo de adquisición de coñecementos, é un espazo de formación nas competencias que se requiren para  a vida persoal e colectiva polo que o traballo colectivo é primordial cando se atende ó valor formativo dos coñecementos e non só á información.

Un aspecto considerable a destacar no texto de Murillo, P. (2004) e que se atopa relacionado co dito con anterioridade, é a importancia de expoñer o propio punto de vista á vez que un tamén se ten a posibilidade de aprender dos procesos levalos a cabo polos demais. Desta maneira  as transformación cara unha educación de calidade serán máis efectivas ó existir unha cooperación entre diversas persoas. Esta flexibilidade é fundamental no traballo docente, onde é necesario aceptar o punto de vista do outro e modificar os métodos para a mellora da comunicación.

Segundo diversas investigacións, chégase a conclusión de que para que se produzan cambios e innovacións nas institucións educativas, é indispensable que existan tanto apoios externos como internos.

Neste sentido, Imbernón (1996) “nos recuerda que en esta nueva cultura profesional, el profesorado ya no se conforma con experimentar innovaciones que le vienen de fuera, sino que pasa a jugar un papel dinámico, participando activamente desde y en su propio contexto. Al mismo tiempo, reconoce que los centros necesitan la discusión entre colegas, la ayuda externa democrática y prácticas reflexivas, intentando superar su aislamiento y el de las aulas que lo conforman. De ahí la importancia de buscar puentes de unión entre las escuelas y los distintos sistemas en que se encuentran inmersas, mediante la indagación colaborativa y proyectos comunes "que sean capaces de generar una nueva cultura de la organización y de fundir la perspectiva interna de los que están dentro de las escuelas con las perspectivas externas del personal de apoyo en una verdadera perspectiva colaborativa". Las funciones de asesoramiento adquieren, de esta forma, una dimensión significativa en el desarrollo y mejora de la enseñanza que repercutirá en una mayor calidad educativa”.

 

A innovación educativa.

Ademais do dito con anterioridade, a continuación amósase unha reflexión dos aspectos máis destacados dun artigo centrado nunha estratexia para procesos de asesoramento psicopedagóxico, que ten como finalidade axudar a profesores/as a levar a cabo melloras na práctica docente desenvolta na aula e nos aprendizaxes dos alumnos/as. Concretamente esta investigación é levada a cabo para a mellora das prácticas avaliativas na área de matemáticas.

Trala lectura do artigo “Una estrategia general de asesoramiento para la mejora de la práctica educativa” de Lago.JR y Onrubia.J (2008),  pódense destacar as seguintes ideas principais.

En primeiro lugar, dicir que a proposta plantexada neste artigo se atopa relacionada cunha estratexia para procesos de asesoramento psicopedagóxico, mediante a cal se trataban de acadar os seguintes obxectivos:

  • A análise da coherencia dos programas avaliativos e as decisións acreditativas en relación ó marco psicopedagóxico e curricular, así como a continuidade dos criterios e prácticas empregadas nas diversas actividades de avaliación e toma de decisións.
  • A análise dun proceso de asesoramento dirixido á mellora das prácticas avaliativas nos procesos que eran susceptibles de mellora.

Esta investigación ten como eixo de desenvolvemento a elaboración dun modelo de análise do asesoramento que posúe catro niveis como son:

  1. Un nivel relacionado cos resultados, ou coa análise dos contidos de mellora.

Este nivel fai referencia ós aspectos das prácticas educativas nos cales se acorda o que é prioritario e no que é posible introducir melloras.

Estes contidos de mellora deben cumprir as seguintes condicións:

-        Partir das dificultades que os profesores/as identifican como tales e que perciben como susceptibles de introducir algunhas melloras.

-        Supoñer cambios nas prácticas educativas que xeren un incremento no sentido e significatividade dos aprendizaxes dos alumnos/as.

-        Estar definidos cos referentes e a linguaxe propia do profesorado implicado no asesoramento para explicar, argumentar e xustificar a súa propia práctica, as súas dificultades e os cambios a introducir nela.

 

  1. Un nivel amplo relativo á secuencia de fases e procedementos de asesoramento empregados.

As fases son as etapas de construción conxunta dos contidos de mellora, caracterizadas polo desenvolvemento dos procesos básicos de asesoramento específicos de cada fase.

“Fase   1. Análisis y negociación de la demanda y definición conjunta de los   objetivos y proceso de asesoramiento.

1.1. Promoción y   orientación para la formulación de la demanda como proceso de colaboración.

1.2. Negociación y   delimitación del rol del asesor y participantes en el proceso de   asesoramiento.

1.3. Definición y   concreción del problema / contenido de asesoramiento.

1.4. Delimitación de   los componentes de la práctica objeto de análisis y mejora.

Fase   2. Registro y análisis de las prácticas de los profesores y formulación de   propuestas de mejora.

2.1. Recogida y   análisis de las prácticas de los profesores respecto a los contenidos de   asesoramiento.

2.2. Análisis de   documentos, informes y experiencias sobre los contenidos de asesoramiento.

2.3. Elaboración de   hipótesis respecto a posibles innovaciones en los planos más significativos   de las prácticas de los profesores.

Fase 3. Diseño de las mejoras de las   prácticas de los profesores.

3.1. Delimitación de   cada una de las propuestas de mejora.

3.2. Análisis conjunto   de los cambios a introducir para cada una de las propuestas de mejora.

3.3. Selección y   elaboración de los materiales e instrumentos de los cambios a introducir.

3.4. Acuerdos del   proceso de introducción y evaluación de las mejoras a introducir.

Fase   4. Colaboración en el desarrollo, seguimiento y evaluación de los cambios en   las prácticas de los profesores.

4.1. Colaboración,   seguimiento y evaluación de los cambios en las prácticas de los profesores.

4.2. Evaluación del propio proceso de asesoramiento.”

 

 

  1. Un nivel intermedio relativo ás tarefas de asesoramento levadas a cabo no marco das diversas fases.

As tarefas caracterízanse por ser formas diferentes de acercarse e construír a mellora que van cambiando ciclicamente ó longo dunha sesión, de diversas sesións ou dunha fase do proceso de asesoramento.

 

As tarefas poden clasificarse en dous tipos como son os seguintes:

“1. Tareas de construcción de la   colaboración.

1.1. Tareas de acuerdo sobre las   actividades del asesoramiento.

1.2. Tareas de recogida,   presentación y síntesis de propuestas de los profesores.

1.3. Tareas de presentación y   análisis de propuestas por el asesor.

1.4. Tareas de elaboración de   acuerdos generales sobre introducción de las mejoras.

1.5. Tareas de análisis de   dificultades y concreciones para introducción de mejoras.

2. Tareas de construcción del   contenido de mejora.

2. 1. Tareas de identificación de la   situación previa.

2. 2. Tareas de formulación del   problema y los contenidos de asesoramiento.

2. 3. Tareas de reflexión sobre la   propia práctica.

2. 4. Tareas de definición y   concreción de contenidos de mejora.

2. 5. Tareas   de síntesis y re-situación de las mejoras.”

 

 

  1. Un nivel más fino relativo ós recursos discursivos empregados polo asesor/a.

Os recursos discursivos teñen como obxectivo favorecer o desenvolvemento das fases e tarefas de asesoramento e promover a construción dos contidos de mellora, e son:

 

“Recursos Discursivos del Asesor.

1. Presenta un   problema o subproblema nuevo.

2. Señala una tarea a   realizar.

3. Pregunta, pide   opinión, solicita información, aclaración.

4. Aporta información   complementaria: respondiendo a pregunta, complementa una intervención   anterior, aclara una duda.

5. Acepta, confirmar,   repite parte de intervención para confirmar: interpretación, pregunta   comentario.

6. Relaciona,   justifica, argumenta incorporando reflexion sobre actividad de   enseñanza-aprendizaje.

7. Conceptualiza,   reelabora, argumenta con un concepto una aportación de otros, una   justificación de una propuesta.

8. Formula una   síntesis o propone una conclusión.”

 

Por outro lado, e centrándose nas aplicacións de dita estratexia, é importante destacar dúas:

1)    Procesos de formación - asesoramento para a introdución dun programa educativo ou dunha innovación: neste caso, para a introdución das innovacións, os contidos de asesoramento deben atoparse vinculados á resolución do problema ó que se lle pretende dar solución, ademais de estar acotada nunha área curricular, atoparse centrada no alumnado … Para poder levar a cabo este proceso, é importante de acordo co tipos de tarefas a desenvolver, combinar recursos que supoñan pedir información, solicitar opinións e argumentar os novos conceptos e recursos.

 

2)    Participación de asesores en equipos docentes ou grupos de profesores/as para o desenvolvemento de tarefas compartidas de reflexión ou mellora da práctica docente: esta estratexia fai mención á labor de moito asesores/as, como acontece na colaboración destes cos equipos de profesorado en plans institucionais como o de acción titorial ou programas de mediación. A menudo o papel do asesor/a é o de acompañante dun grupo de traballo entre profesores/as, e se traballa como grupo de apoio colaborativo (Parrilla,1996) cun elevado grao de autonomía, onde a tarefa do asesor/a está centrada no proceso e en facilitar que o grupo acade as tarefas que se propoñen e onde manteñen unha relación simétrica con outros participantes. Nesta ocasión os recursos discursivos prioritarios correspóndense cun contexto onde a intervención se atopa ó mesmo nivel de responsabilidades de todos os participantes, e onde se buscan argumentos para as melloras baseados nas relación entre conceptos teóricos e actividades de ensinanza – aprendizaxe.

   

Para finalizar con este tema, destacar unha noticia relacionada cunha charla levada a cabo polo pedagogo e psicopedagogo Francesco Tonucci, na cal se fala sobre diversos aspectos relacionados coa escola como poden ser: a calidade educativa, a importancai da formación do profesorado, o papel do alumnado… todas elas cuestións que me pareceron importante compartir con vós, posto que se poden relacionar co tema do asesoramento á vez que son de interese persoal polo meu vínculo coa docencia.

Trala lectura da seguinte noticia, quero destacar o titular ofrecido polo pedagogo e psicopedagogo Francesco Tonucci: “Un objetivo de la escuela debe ser la felicidad de sus alumnos”, posto que esta pode ser relacionada con aspectos tratados en entradas anteriores sobre o asesoramento e a educación.

Por un lado, a importancia dunha calidade educativa (aspecto que se pretende acadar coa colaboración de todos os membros educativos coa axuda dos asesores/as), o papel salientable da formación do profesorado, a función e importancia do currículo na educación, é dicir, o asesoramento curricular …

 

A opinión de Francesco Tonucci