Raquel Souto López

Soy una persona que actualmente se está formando para llegar a ser una futura psicopedagoga y que con anterioridad estuvo en la titulación de Educación Infantil puesto que me gustaría dedicarme al ámbito de la educación.

Derradeira parada da quinta etapa: O alumnado.

Finalmente, e como último lugar a visitar nesta etapa do camiño, atopámonos co O ALUMNADO. Un lugar algo menos frecuentado á hora de relaciónalo co asesoramento, pero de gran importancia pola implicación neste proceso.

Nesta ocasión, e trala lectura dun artigo realizado por Nieto Cano, J.M e Portela Pruaño.A (2008), centrareime en destacar as características principais de dito documento que fai referencia á importancia de promover e desenvolver a implicación do alumno/a no asesoramento para a mellora das prácticas educativas.

Para iso comezarase destacando unha definición de Rudduck e McIntyre (2007), na que se sinala que  consultar ós alumnos/as é “hablar con ellos sobre cosas que les importan del aula y el centro escolar, y que afectan a su aprendizaje”. Así considérase esta actuación como un diálogo ou unha conversa na que se fala acerca do proceso de ensinanza-aprendizaxe, permitindo pedirlle consello ó alumnado sobre novas iniciativas ademais de darlle a oportunidade de comentar e propoñer formas de resolver problemas ou conflitos.

Desta maneira a información que proporcionan os alumnos/as, faraos partícipes do seu punto de vista, unha cuestión realmente importante á hora de mellorar.

Neste proceso de consulta, Hart,Fielding (2001) e Flutter e Rudduck (2004), diferencian catro niveis como son os seguintes:

  • Ausencia de consulta ós alumnos/as: non existe a participación dos alumnos/as.
  • Escoitar ós alumnos/as: os alumnos/as representan unha mera fonte de datos, e non interveñen na discusión de resultados nin reciben retroalimentación, se non que os profesores/as quenes procesan esa información e actúan en consecuencia.
  • Alumnos/as como participantes activos: os profesores/as interpretan os datos, pero os alumnos/as soen recibir retroalimentación dos resultados obtidos e interveñen dalgún modo na toma de decisións.
  • Alumnos/as como plenos participantes activos e co-investigadores: a indagación parte conxuntamente dos alumnos/as e profesores/as. Os alumnos/as desempeñan un papel activo na toma de decisións e xunto cos profesores/as planifican as accións que se van adoptar.

A continuación, e para falar máis detalladamente sobre a relevancia da inclusión do alumno/a no asesoramento educativo, comezarase cunha definición de asesoramento educativo:

“una tarea consistente en un “servicio directo” (Rodríguez Romero,1996,16;2001,70; Nieto,2001,149) en el que, prestando un profesional (el asesor) unos servicios a otro profesional (el profesor), éste puede mejorar, a su vez, a los servicios que presta a unos terceros (los alumnos/as, familias, comunidad educativa, entorno social…), terceros que pueden considerarse, en todo caso, como destinatarios últimos de aquellos servicios de asesoramiento, aunque no como sus destinatarios directos.”

 

Así o asesoramento é considerado como unha interacción profesional entre profesionais, ademais de ser comprehensivo e heteroxéneo no sentido da comprensión das múltiples actividades que o engloban como son aquelas que prestan apoio ou axuda a quenes van ser os destinatarios directos(outros profesionais), ou o apoio ou axuda prestado polos asesores/as a través de actividades orientadas á mellora da tarefa educativa.

De esta maneira o espazo atribuído ó alumnado sería o de un beneficiario directo das melloras que no proceso educativo leve a cabo o asesoramento.

A continuación destacaranse algunhas das mencións que considero máis oportunas para resumir o por qué da importancia da inclusión dos alumnos no asesoramento educativo.

-        A incorporación dos alumnos/as ó asesoramento contribúe á adopción dun patrón congruente cunha demanda social, é dicir, a democratización da escola. (Flutter e Rudduck,2004).

-        A inclusión dos alumnos/as na tarefa de asesoramento require unhas condicións especiais de interacción, é dicir, débese responder a uns principios éticos. Entre os principios éticos a destacar atópanse os seguintes:

 

PRINCIPIO

CARACTERÍSTICAS

Principio de inclusión.

- Dereito do alumno/a á   participación, o que conleva, o dereito a expresar as súas ideas, opinións,   puntos de vista sobre cuestións que sexan de importancia para el.

- Escoitar o que os alumnos/as   teñen que dicir e tomalo en conta para mellorar as prácticas educativas.

Principio de elección.

- Dereito dos alumnos/as e/ou familias a decidir   participar na tarefa de asesoramento ou a declinar participar sen ameaza ou coacción   algunha.

- É preciso contar co acordo ou autorización de todas   as partes (familia, centro, profesores, autoridades …) para poder participar   en dito proceso.

Principio de confidencialidade.

- Dereito á privacidade dentro do   grupo de participantes.

- asegurar a honestidade e que   ningunha parte sexa nomeada, ou empregado o que di e fai, sen o seu   consentimento ou que se realicen comentarios que poidan relacionarse co   individuo en particular da clase, d centro ou da comunidade escolar.

Principio vulnerabilidade.

- Asumir que os alumnos/as, en comparación cos axentes   profesionais, están expostos ó risco, máis disposto a obedecer á autoridade,   teñen máis dificultade para resistirse a participar, así como menos   capacidade para prever consecuencias a longo prazo da súa participación na   tarefa de asesoramento.

 

Chegamos ó fin da quinta etapa, unha etapa máis longa polos diversos lugares visitados, pero de gran interese para a ampliación do coñecemento. Esta etapa resultou moi enriquecedora para min, ó corresponderse co asesoramento ós centros escolares e eu provir da Diplomatura de maxisterio. Por este motivo, fixen maior fincapé en coñecer os aspectos que engloban o asesoramento dentro deste ámbito, do ámbito escolar e educativo, co fin de coñecer a implicación dos asesores neste campo, como se poden levar a cabo as melloras educativas, a importancia da colaboración entre os profesionais …