Raquel Souto López

Soy una persona que actualmente se está formando para llegar a ser una futura psicopedagoga y que con anterioridad estuvo en la titulación de Educación Infantil puesto que me gustaría dedicarme al ámbito de la educación.

7. Sexta etapa: O asesoramento curricular.

7)   Sexta etapa:

 

cuarta etapa do camiño.jpg

 

Con moitas ganas de continuar coñecendo lugares novos, adentreime na sexta etapa do camiño. Un percorrido que está a ser moi fructífero e enriquecedor ó pasar por diversas paisaxes que nos ofrecen información diferente, pero toda ela interrelacionada para conseguir un fin común como é chegar á meta: O asesoramento.

Para iso só quedaba … comezar a camiñar polos prados e deixar renda solta ó pensamento (neste caso pensando no asesoramento curricular).

 

Este percorrido fai referencia ó asesoramento curricular, un aspecto traballado en varias sesións da materia.

A continuación, centrareime no asesoramento curricular, o cal persigue guiar e capacitar ós profesores/as en tarefas de autoavaliación e innovación interna do colexio.

Para adentrarnos neste ámbito, utilizarei un artigo de Area Moreira,M e Yanes González,J (1990) no que se fala acerca do Desenvolvemento Baseado na Escola e os principios básicos desta.

Comezarase dicindo que para o desenvolvemento deste enfoque será necesario salientar tres conceptos clave como son:

  • Que os profesores por si mesmos teñan a capacidade para iniciar e desenvolver os seus propios proxectos encamiñados a mellorar o seu contexto e condicións baixo os que poñen en práctica o currículo.
  • Que a capacidade innovadora descansa sobre os axentes individuais para considerar o centro de traballo como unidade central e básica para xerar procesos de innovación.
  • A necesidade de dotar ás escolas coas condicións propicias que faciliten e potencien a súa capacidade para a auto-innovación, é dicir, que os centros conten con apoio externo e co asesoramento que lles permita deseñar, desenvolver e avaliar o currículo cunha visión de mellora do funcionamento escolar.

 

Continuando co asesoramento curricular, hai que destacar o enfoque baseado no Desenvolvemento Baseado na Escola (DBE), o cal se atopa dirixido a facilitar o cambio e innovación educativas en e dende os centros escolares.

Hopkins e Holly (1987) destaca como cualidade básica do modelo o carácter procesual, centrado na capacidade dos membros da escola para interiorizar e xestionar o cambio, que se produce de forma progresiva.

 

Para caracteriza-lo DBE, segundo Peter Holly (1989), establécense cinco principios básicos:

  1. Para o DBE o centro escolar é a unidade de cambio.

Isto ven reflectido na seguinte cita de Escudero,1986:197, “el centro es la unidad institucional básica para la educación escolarizada” e por conseguinte para o cambio. Por este motivo a labor dos asesores/as será abordar as necesidades pertinentes de forma única xa que non todos os centros escolares son iguais, polo que o apoio externo se debe adaptar ás características contextuais evitando procedementos estandarizados.

2. O DBE implica aumento da autonomía e do poder dos profesores.

Un centro que sexa capaz de detectar, analizar, problematizar, verificar e valorar os procesos internos por medio da actividade crítica, pódese destacar que posúe un elevado grao de autonomía e autocontrol, cuestións que se profundizan a continuación.

 

CONCEPTO

DEFINICIÓN

 

Aumento   de autonomía.

Capacidades para definir obxectivos e metas de forma   contextual; seleccionar e organizar contidos de aprendizaxe, tempos e   tarefas; estratexias de ensinanza e formas de avaliación do currículo en   acción.

 

Aumento   de poder.

Ter unha visión colaborativa, participativa e unha   ampliación das cotas de xestión democrática dos centros.

Desenvolvemento profesional (formación permanente).

 

3. O DBE implica determinados procesos de internalización ou toma de conciencia.

Entre os procesos de internalización destacan os seguintes:

-        Tomar conciencia de que o proxecto de cambio é algo dirixido pola propia escola.

-        Tomar conciencia que o DBE supón desenvolver a capacidade interna para crecer dende dentro.

-        Comprender que a participación nun proxecto de cambio require compromiso.

-        Desenvolver o “intra-vencionismo”.

 

4. O DBE utiliza o “modelo de proceso” ou de resolución de problemas.

Para que as escolas desenvolvan o cambio nos procesos de desenvolvemento curricular empregase o “modelo de proceso”, o cal xira arredor de catro pasos e catro niveis que se explicarán a continuación.

 

PASOS   PROCEDIMENTAIS

DESENVOLVEMENTO

 

Identificación e   análise de necesidades e problemas.

Reflexión do profesorado sobre a súa práctica para   facer público o inventario dos seus problemas, para con posterioridade chegar   a un consenso entre o claustro sobre a cuestión a traballar.

 

Planificación para   a acción.

Elaboración conxunta dun plan de desenvolvemento para a   escola.

Levarase a cabo a longo tempo, de forma flexible e de   forma escrita.

Desenvolvemento   ou posta en práctica.

Posta en práctica do plan elaborado para solucionar o   problema.

Avaliación.

Valoración do conseguido.

 

NIVELES

DESENVOLVEMENTO

Nivel de   contidos.

Refírese ós diferentes compoñentes do currículo:   materias, estratexias de ensinanza, medios, metas, etc.

Nivel de   procesos.

Refírese á capacidade organizacional: clima da escola,   receptividade, apertura, colaboración, participación …

 

Nivel das   condutas manifestas.

Refírese á necesidade de que no desenvolvemento do   proxecto os profesores/as reflexionen sobre as realización práctica dos   presupostos dos contidos e procesos ademais deles mesmos.

Nivel emocional.

Refírese ó que sinte a xente sobre o proxecto.

 

 

5. O DBE implica simultaneamente: apoio externo e asociación de axentes externos e internos para o desenvolvemento.

O DBE require de apoio externo tanto individual como colectivo. O asesor parte da demandas que os profesores/as pensan que son problemas para eles. Destacar que as relacións entre eles debe estar baseada na colaboración, e que non existe unha relación unidireccional (experto - cliente), se non que hai unha implicación mutua.

 

Por outro lado, centrareime en expoñer as principais características que envolven a fase de contacto inicial (CI) dentro do asesoramento curricular a un centro educativo.

Por contacto inicial enténdese o período previo a calquera proceso de cambio interno, no que a escola toma conciencia e se compromete a desenvolver un proxecto de mellora interna aceptando a colaboración dun axente externo á mesma como é o asesor curricular.

Con este período trátase de que os profesores e profesoras:

  • Se impliquen e se comprometan a desenvolver un proxecto de innovación interna.
  • Perciban ó axente externo como necesario en un rol de colaborador/facilitador do cambio.

 

Centrándonos nos obxectivos que se deben lograr co CI, segundo Area Moreira,M e Yanes González,J (1990) pódense destacar os seguintes:

  • Presentar, intercambiar e discutir toda a información necesaria entre profesores e asesor para que se coñezan mutuamente.
  • Alcanzar acordos e compromisos de colaboración.
  • Organizar unha infraestrutura básica para o desenvolvemento do proxecto.

 

Xa facendo fincapé nas fases que se desenvolven ó longo desta etapa, hai que destacar tres:

  1. Fase 1: Pre-contacto:

Caracterízase polo contacto entre o asesor e algúns representantes e/ou membros di centro. Nesta fase poden darse dúas situacións diferentes á hora de establecer o contacto entre o asesor e o profesorado:

- Que sexan os membros do centro quenes solicitan o asesoramento, posuíndo desta forma un clima predisposto ó cambio e onde a situación de pre-contacto se ve facilitada.

- É o asesor quen se ofrece a algúns representantes da escola, polo que en principio o centro non explicita a necesidade e demanda de cambio.

Nesta fase o asesor debe:

-        Informar, explicar e convencer ós representantes dos profesores das características xerais do modelo.

-        Obter o apoio dos mesmos.

-        Informarse das características do centro (historia, problemática, grupos …).

-        Preparar a primeira reunión co claustro da escola.

2. Fase 2: Comezo e desenvolvemento do contacto inicial:

Esta fase fai referencia a entrar na escola, ser aceptado e crear as condicións para traballar na mesma, polo que o proceso de desenvolvemento se centrará en reunións co claustro de profesores como:

 

REUNIÓNS

 

FINALIDADE

 

Reunións co claustro: presentación/ negociación.

Presentar e discutir o modelo (en qué consiste, para   qué pode servir, cómo se vai a poñer en práctica). Coñecer a problemática   sentida polo profesorado.

Reunións co claustro: alcanzar acordos.

Aclarar e aceptar qué se vai a exixir ós profesores e   cal é o rol e compromisos que asume o asesor.

 

 

Reunións co claustro: creación grupo de apoio.

Destacar a necesidade de crear un grupo de apoio ou   coordinación que se responsabilice de desenvolver as tarefas entre claustro e   claustro, e que sirva de punto de referencia permanente ó asesor para poñerse   en contacto coa escola.

 

3. Fase 3: conclusión do contacto inicial:

Esta última fase producirase cando se atopen logrados os obxectivos anteriores. Ademais dicir que se solapa co inicio da fase de diagnóstico. Así mesmo destacar o seu carácter procesual, é dicir, non se trata dun compartimento pechado.

 

Finalmente e en canto ás habilidades do asesor para desenvolver o contacto inicial, pódense destacar segundo Saxl, Miles e Lieberman (1988) cinco habilidades destinadas a xerar unha relación efectiva entre o asesor e os profesores como:

 

HABILIDADE

 

DEFINICIÓN

 

CARACTERÍSTICAS

 

 

Comunicación aberta.

Condición/ habilidade que ten que manifestarse no CI e   ó longo de todo o proceso. Habilidade de relación intersocial.

Comunicar ben, escoitar, parafrasear (resumir o dito   por outros), aceptar (actitude activa respecto a outros) e tratar os   sentimentos como datos.

 

 

Influencia mutua.

O asesor ten que estar permeable ás necesidades,   manifestacións e sentimentos do grupo e actuar en consecuencia.

O profesorado percibe que o asesor comprende e asume as   preocupacións do grupo e as apoia, pero á vez debe ser crítico e obxectivo co   que acontece.

 

 

 

 

Clarificación de expectativas.

Discutir e aclarar cales son as necesidades que senten   os profesores, qué esperan do asesor, qué se lles pode ofrecer, qué se pode   conseguir, qué responsabilidades e implicación asumen profesores e asesor …

O asesor debe explicar en qué pode axudar e negociar si   o que sabe interesa ó grupo. Pódense abordar cuestións referentes a:

* Contido/proceso (o rol do asesor é ser experto no   proceso, aínda que non sexa no contido. O asesor é facilitador).

* Claridade das metas.

* Factores limitadores/ contextuais (determinar os   límites do que é posible poñer en práctica cos recursos que se posúen).

* códigos éticos que regulan a relación   asesor/profesores (confidencialidade de datos).

 

Lexitimación do rol e credibilidade.

Demostrar coñecemento e capacidade, ofrecer algúns   recursos e éxitos parciais e ofrecerse como valioso. 

Amosar que aínda que non se e saiba a solución ante un   problema, si que saben poñer en práctica os procedementos axeitados para   atopar a solución máis pertinente.

 

 

 

 

Resistencias

As causas dela poden ser: dúbidas sobre o plan,   exixencias e esforzo, tempos que require, temores ó fracaso, historia previa   da escola noutros intentos de cambio, etc.

* Segundo Saxl, Miles e Lieberman (1988): bloqueo,   pasividade, dilación e tradición como coraza.

* Segundo Eicholz e Rogers (Hoyle, 1980): non   informado, dubidoso, ecléctico, defensivo, aforrador, ansioso, culpable,   alienado e convencido.

 

 

 

Grupo de apoio.

Pequeno grupo de profesores que axudará e traballará en   contacto máis estreito co asesor.

As funcións do asesor son: dinamizar, coordinar, animar   e posibilitar a execución do proxecto na escola.

Debe ser flexible na súa composición e tarefas e   variable en función da fase na que se implemente o DBE.